A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Vacún de Carne: 2017

  1. O SLG-CCLL solicitará a execución da sentenza que subsana a discriminación de 10.000 granxas de carne realizada pola CMR no acceso á axuda convocada por mor da COVID-19

    Execución sentenza carne 8 de Xaneiro do 2024 · 

    A Consellaría non respostou á solicitude de xuntanza rexistrada en outubro do 2023 para concretar a aplicación desta sentenza. Se este venres 12 de xaneiro seguimos sen contestación por parte da CMR, solicitaremos ao Tribunal a execución da mesma

  2. Demandamos á CMR que a axuda de vacún para TG non exclúa ás granxas de Suprema que non marcan en matadoiro

    suprema matadoiros 2 de Xaneiro do 2024 · 

    Os criterios da Xunta discriminan ás granxas que realizan a venda de animais a través de circuítos de comercialización local. A Xunta pretende utilizar este incentivo económico para avanzar na industrialización da IXP TG, e en especial da TG Suprema

  3. O SLG non acepta as explicacións da IXP TG arredor dos cambios nos pregos de condicións

    Samuel Formoso 30 de Novembro do 2023 · 

    Cuestionamos a razón de exclusión da posibilidade de pastoreo dos xatos de máis de oito meses. Preocúpanos que a IXP non saiba dicir que número de granxas se verán afectadas nin a que número exacto de canais afecta

  4. Opoñémonos á obriga de acortellar a Ternera Gallega Suprema e finalizar a súa alimentación con penso

    IXP TG Suprema_acortellamento 20 de Novembro do 2023 · 

    Produtores e produtoras explicaron hoxe en rolda de prensa en Lugo os prexuízos da industrialización da IXP TG Suprema. O 0,1% de posíbeis casos de menor engraxamento non pode xustificar pechar os animais e alimentalos con concentrados

  5. A industrialización da IXP Ternera Gallega: novo golpe mortal ás granxas de vacún galegas

    vacachena 13 de Novembro do 2023 · 

    A industria, os cebadoiros, UU.AA e Gandeiros Galegos da Suprema asinan o fin da marca Ternera Gallega Suprema. Con esta modificación -que debe ser ratificada pola UE-, quedan excluídas da marca as granxas que fan acabado en base a pasto

  6. A DN da Carne do SLG acorda defender na IXP Vacún de Galicia manter o tempo de lactancia e non permitir a conxelación

    DN CARNE_110813 11 de Agosto do 2023 · 

    O proceso de conxelación e desconxelación pode afectar á calidade, e distorsionar os prezos a produtoras e consumidoras. As normativas hixiénico-sanitarias dos cebadeiros distan da calidade e benestar animal das granxas de TG e TG Suprema

  7. Na defensa das pequenas e medianas granxas: VOTA SLG-CCLL nos Consellos Reguladores das DO e IXP´s

    MESASTG23 2 de Febreiro do 2023 · 

    O domingo 19 de febreiro terán lugar as eleccións para renovar 15 Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe e IXPs. Propoñemos unha batería de medidas para que a IXP Vacún de Galicia estea realmente ao servizo das persoas produtoras

  8. Esiximos que as axudas complementarias para o sector cárnico cheguen a todas as granxas admitidas

    AxudasVacúnCarne 16 de Xaneiro do 2023 · 

    A Xunta de Galicia debe incrementar o orzamento en 1.259.640€ para cubrir a listaxe completa de beneficiarias do Ministerio. O establecemento de tramos para calcular a axuda é inxusto e xera dúbidas ao respecto da devolución dos adiantos bancarios

  9. O Tribunal Supremo rexeita o recurso de casación da CMR en contra da sentenza do TSXG que confirma a discriminación da maioría das granxas de carne nas axudas COVID-19

    TS Vacún de carne 31 de Outubro do 2022 · 

    No mes de abril o TSXG ditaminou eliminar o inciso que excluíu destas axudas á meirande parte das granxas de vacún de carne. As negativa da CMR a acatar a sentenza evidencia o seu interese en destruír o modelo galego de medianas e pequenas granxas

  10. A campaña na defensa do futuro do vacún de carne do Sindicato Labrego prosigue en Betanzos

    Membros do SLG na concentración en Betanzos 20 de Septembro do 2022 · 

    Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos. A campaña continuará a desenvolverse nas comarcas galegas.

  11. O SLG continúa en Vilalba a campaña na defensa do futuro do vacún de carne

    Concentración en Vilalba 15 de Septembro do 2022 · 

    O vindeiro martes 20 de setembro está convocada unha nova concentración do SLG no Rexistro Civil de Betanzos ás 12:30h. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos.

  12. Polo FUTURO do VACÚN DE CARNE. Polo FUTURO da NOSA COMARCA Inicio de campaña en Xinzo de Limia

    xinzo310822-- 31 de Agosto do 2022 · 

    O SLG-CCLL arranca campaña para demandar solucións institucionais ás problemáticas que afrontan as granxas de carne. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos

  13. Campaña de alegacións ao Ministerio para incorporar as granxas familiares inxustamente excluídas do RD428/2022

    RD428_2022 9 de Agosto do 2022 · 

    Rolda de prensa conxunta do SLG-CCLL e OVICA para denunciar erros e discrimacións do vacún, ovino e caprún no RD428/2022. A meirande parte das granxas afectadas son pequenas e medianas, excluílas é un xeito de empeorar o abandono do medio rural

  14. O SLG pide que a CMR esclareza os prazos das axudas do sector vacún de carne

    Imaxe do DOG 220722 26 de Xullo do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) pedimos que o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, dea a cara ante o sector. Demandamos que se corrixa na propia orde publicada o pasado venres 22 de xullo no DOG os prazos para achegar documentación e, en todo caso, que os 10 días comecen a contar dende a publicación do listado

  15. A Consellaría do Medio Rural continúa a ser cómprice do incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria

    vienesasrois 27 de Xuño do 2022 · 

    Matadoiros e operadores están obrigando a asinar contratos con prezos por embaixo de custos incluíndo textos que din o contrario. Os abusos increméntanse por mor da deixadez da CMR para activar mecanismos de control e sancións para garantir os prezos

  16. O SLG demanda que a CMR garanta prezos por riba dos 6,20€/kg de custos de produción que ela mesma calcula

    vienesas 2 de Xuño do 2022 · 

    A CMR confirma que as granxas seguen vendendo a perdas: 6,20€/kg custos de produción fronte aos 5,20€/Kg prezo de venda. O SLG desenvolve campaña de asembleas para informar dos termos do Protocolo, do seu incumprimento e valorar accións.

  17. O TSXG confirma a discriminación da maioría de granxas de carne nas axudas COVID-19 da Xunta de Galicia

    NdPSEntenzaNutrices 28 de Abril do 2022 · 

    A CMR excluíu a máis da metade das granxas de vacún de carne galegas. A maioría delas teñen como titular a unha muller. A Xunta derivou fondos públicos cara grandes explotacións tachando o modelo maioritario tradicional na Galiza de “inviable”.

  18. O Protocolo IXP TG: Outro documento sen medidas concretas que garantan resultados, e feito de costas ao sector

    Rolda de Prensa 30 de Marzo do 2022 · 

    O SLG-CCLL debullou hoxe en rolda de prensa a falta dun compromiso real que se desprende do Protocolo presentado. "O que precisamos son números, non letras”, resumiu a gandeira do SLG-CCLL Mari Carme López Varel.

  19. O SLG NON asina o protocolo IXP TG da CMR e denuncia que é unha posta en escena para desmobilizar ao sector

    vacas 28 de Marzo do 2022 · 

    É intolerable que o texto non aborde ningunha das cuestións clave: nin prezo, nin custos, nin compromisos da Industia. Denunciamos a posta en escena protagonizada pola CMR e UUAA para simular un peche en falso que desmobilice ao sector.

  20. A Consellaría das macrogranxas porfía en sepultar as explotacións familiares de vacún de carne

    AsambleaVacúnCarne20Dec21 1 de Febreiro do 2022 · 

    Denunciamos que logo de case dous meses, a Consellaría do Medio Rural sigue impedindo, ca súa deixadez e inoperatividade estratéxica, a adopción de medidas para afrontar a grave crise pola que pasan as produtoras e produtores de vacún de carne, na súa inmensa maioría granxas familiares.

  21. O SLG suma forzas na elaboración dunha estratexia de dinamización do sector cárnico galego

    slg_juana de vega 28 de Xaneiro do 2022 · 

    Participamos no proceso de elaboración da estratexia de dinamización do sector cárnico en Galicia, coordinada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

  22. O sector vacún de carne esixe á Xunta medidas concretas e inmediatas que freen o peche de granxas por mor do aumento de custos e os baixos prezos

    vacúncarne201221 20 de Decembro do 2021 · 

    Arredor dun cento de gandeiras e gandeiros do sector vacún de carne acudiron na mañá de hoxe a Lugo para participar na asemblea convocada polo Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas co obxectivo de analizar a situación do sector e tomar decisións para demandar un apoio real por parte da Consellaría do Medio Rural.

  23. Mobilizacións do sector vacún de carne. Asamblea sectorial e concentración diante da Xunta o luns 20 en LUGO

    LUGO20Db 17 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas convoca ao vacún de carne galego a unha asemblea sectorial o vindeiro luns 20 de decembro ás 11.30H no Salón de Actos do Edificio Sindical (LUGO) para analizar a situación do sector. Seguidamente terá lugar unha mobilización ás 13.30H diante do edificio da Xunta de Galicia (Lugo).

  24. O SLG demanda novas medidas de apoio ao sector de vacún de carne diante da crise da Covid-19

    concentra_carne_lalin 30 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego concentrouse na mañá do 30 de xullo diante da Oficina da Xunta en Lalín, solicitando unha reunión coa Consellaría en que tratar as problemáticas do sector e explorar solucións. Asemade, esixen a activación dunha liña de axudas directas das que "ningunha familia gandeira afectada pola crise sexa marxinada", logo de que as últimas axudas convocadas deixasen fora máis da metade das granxas activas no país.

  25. O SLG pide a retirada da campaña #MenosCarneMásVida do Ministerio de Consumo por enganosa e falaz

    Rubia Galega 9 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa máis absoluta indignación diante da campaña iniciada polo Ministerio de Consumo na que se criminaliza o consumo de carne a través de medias verdades que, de seguro, van crear unha grande confusión entre a cidadanía. Neste senso, o vídeo de 6 minutos no que o ministro de Consumo, Alberto Garzón, tenta convencernos do nocivo que é o consumo de carne para a nosa saúde e para o planeta é toda unha cadea de despropósitos que, como organización agraria, non podemos tolerar.

  1. Congreso Vacún de  Carne

    O SLG crea un grupo de traballo para enfrontar as principais problemáticas do sector da carne de vacún

    13 de Febreiro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 11 de febreiro en Guitiriz, o seu Congreso de Vacún de Carne, un evento no que ademais de elixir unha dirección sectorial, nomeou un gandeiro e unha gandeira como responsábel e vicerresponsábel de sector: Lois Varela Carreira, d'A Conguada (Carteire, Palas de Rei) e Inés Casabella Requeijo, de Fanoi (Abadín). Ambos darán relevo ao seu predecesor e predecesora: Xosé Luís López Galán (Pedrafita do Cebreiro) e Mercedes Alonso (Cotobade). Ademais dunha dirección sectorial, no Congreso do SLG tamén se elixiu un grupo de traballo que se encargará da axenda deste sector no día a día Sindicato Labrego Galego.

  2. Congreso Carne SLG

    O Sindicato Labrego Galego celebra mañá en Guitiriz o seu Congreso do sector da carne de vacún

    10 de Febreiro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego elixiu a Escola Habanera de Guitiriz para celebrar, o 11 de febreiro, o seu Congreso de Vacún de Carne. Nesta ocasión, ademais de elixir unha nova Dirección sectorial e dúas persoas como responsábel e vicerresponsábel -que darán o relevo a Xosé Luís López Galán e Mercedes Alonso-; teremos como novidade a elección, a maiores, dun grupo de traballo que se encargará da axenda deste sector no día a día Sindicato Labrego Galego.