O domingo 19 de febreiro terán lugar as eleccións para renovar 15 Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe e IXPs. Propoñemos unha batería de medidas para que a IXP Vacún de Galicia estea realmente ao servizo das persoas produtoras
A Xunta de Galicia debe incrementar o orzamento en 1.259.640€ para cubrir a listaxe completa de beneficiarias do Ministerio. O establecemento de tramos para calcular a axuda é inxusto e xera dúbidas ao respecto da devolución dos adiantos bancarios
No mes de abril o TSXG ditaminou eliminar o inciso que excluíu destas axudas á meirande parte das granxas de vacún de carne. As negativa da CMR a acatar a sentenza evidencia o seu interese en destruír o modelo galego de medianas e pequenas granxas
Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos. A campaña continuará a desenvolverse nas comarcas galegas.
O vindeiro martes 20 de setembro está convocada unha nova concentración do SLG no Rexistro Civil de Betanzos ás 12:30h. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos.
O SLG-CCLL arranca campaña para demandar solucións institucionais ás problemáticas que afrontan as granxas de carne. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos
Rolda de prensa conxunta do SLG-CCLL e OVICA para denunciar erros e discrimacións do vacún, ovino e caprún no RD428/2022. A meirande parte das granxas afectadas son pequenas e medianas, excluílas é un xeito de empeorar o abandono do medio rural
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) pedimos que o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, dea a cara ante o sector. Demandamos que se corrixa na propia orde publicada o pasado venres 22 de xullo no DOG os prazos para achegar documentación e, en todo caso, que os 10 días comecen a contar dende a publicación do listado.
Matadoiros e operadores están obrigando a asinar contratos con prezos por embaixo de custos incluíndo textos que din o contrario. Os abusos increméntanse por mor da deixadez da CMR para activar mecanismos de control e sancións para garantir os prezos
A CMR confirma que as granxas seguen vendendo a perdas: 6,20€/kg custos de produción fronte aos 5,20€/Kg prezo de venda. O SLG desenvolve campaña de asembleas para informar dos termos do Protocolo, do seu incumprimento e valorar accións.
A CMR excluíu a máis da metade das granxas de vacún de carne galegas. A maioría delas teñen como titular a unha muller. A Xunta derivou fondos públicos cara grandes explotacións tachando o modelo maioritario tradicional na Galiza de “inviable”.
O SLG-CCLL debullou hoxe en rolda de prensa a falta dun compromiso real que se desprende do Protocolo presentado. "O que precisamos son números, non letras”, resumiu a gandeira do SLG-CCLL Mari Carme López Varel.
É intolerable que o texto non aborde ningunha das cuestións clave: nin prezo, nin custos, nin compromisos da Industia. Denunciamos a posta en escena protagonizada pola CMR e UUAA para simular un peche en falso que desmobilice ao sector.
Denunciamos que logo de case dous meses, a Consellaría do Medio Rural sigue impedindo, ca súa deixadez e inoperatividade estratéxica, a adopción de medidas para afrontar a grave crise pola que pasan as produtoras e produtores de vacún de carne, na súa inmensa maioría granxas familiares.
Participamos no proceso de elaboración da estratexia de dinamización do sector cárnico en Galicia, coordinada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Arredor dun cento de gandeiras e gandeiros do sector vacún de carne acudiron na mañá de hoxe a Lugo para participar na asemblea convocada polo Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas co obxectivo de analizar a situación do sector e tomar decisións para demandar un apoio real por parte da Consellaría do Medio Rural.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas convoca ao vacún de carne galego a unha asemblea sectorial o vindeiro luns 20 de decembro ás 11.30H no Salón de Actos do Edificio Sindical (LUGO) para analizar a situación do sector. Seguidamente terá lugar unha mobilización ás 13.30H diante do edificio da Xunta de Galicia (Lugo).
O Sindicato Labrego Galego concentrouse na mañá do 30 de xullo diante da Oficina da Xunta en Lalín, solicitando unha reunión coa Consellaría en que tratar as problemáticas do sector e explorar solucións. Asemade, esixen a activación dunha liña de axudas directas das que "ningunha familia gandeira afectada pola crise sexa marxinada", logo de que as últimas axudas convocadas deixasen fora máis da metade das granxas activas no país.
O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa máis absoluta indignación diante da campaña iniciada polo Ministerio de Consumo na que se criminaliza o consumo de carne a través de medias verdades que, de seguro, van crear unha grande confusión entre a cidadanía. Neste senso, o vídeo de 6 minutos no que o ministro de Consumo, Alberto Garzón, tenta convencernos do nocivo que é o consumo de carne para a nosa saúde e para o planeta é toda unha cadea de despropósitos que, como organización agraria, non podemos tolerar.
No Sindicato Labrego Galego vimos de recibir con gran pesar e consternación a nova do falecemento do noso compañeiro e amigo Xosé Blanco, Pepe de Cimadevila, gandeiro de Montederramo e gran defensor das razas autóctonas de vacún. Esa aposta polo gando do país fixo que, ademais de formar parte da grande familia que somos o Sindicato Labrego Galego, tamén fose presidente da Asociación de Criadores de Raza Bovina Vianesa (Vianega) e da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga). No SLG gardaremos sempre o recordo do seu grande dinamismo, do seu trato franco e amábel e, sobre todo, o seu exemplo de amor á terra e á profesión gandeira. Descansa en paz, amigo.
Coincidindo co 17 de abril, Día Internacional das Loitas Labregas, o SLG iniciou o proceso que o levará ao seu décimo Congreso neste 2021 celebrando, en Maceda, o sectorial correspondente a vacún de carne. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Bóveda (Vilar de Barrio, Ourense), Samuel Formoso Salgado, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel, Mari Carme Varela, de Vilameá (Guntín, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección da Carne cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección da Carne xurdida do anterior congreso, elixida o 11 de febreiro de 2017, con Lois Varela e Inés Casabella como responsábel e vicerresponsábel.
O Sindicato Labrego Galego é unha das organizacións que participou, o 20 de outubro, na xuntanza telemática do Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural PDR 2014-2020, representado pola técnica Ana Rodríguez. O tema central desta xuntanza foi a proposta de crear axudas para paliar o impacto da Covid-19 nos sectores do vacún de carne e de flor e planta. A pesares de que o SLG presentou unha batería de alegacións contra a proposta da Xunta, por ser manifestamente insuficiente, a Consellaría publicou, ao remate do comité, un comunicado no que fixaba a súa posición coma un feito consumado. Podes descargar as nosas alegacións premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.
María Jesús Otero é titular de dúas explotacións de vacún de carne en Narón xa que, para desenvolver o seu traballo, ten unha granxa de reprodutoras, na parroquia de San Xiao, na que cría as vacas nutrices; e un cebadeiro para os xatos na parroquia de Castro. A causa dun positivo por tuberculose bovina na granxa de reprodutoras en marzo, a Consellaría de Medio Rural acabou ordenando o baleirado sanitario desta, co sacrificio total de cinco vacas, e a súa inmobilización xunto coa do cebadeiro. Ambas instalacións seguen hoxe en día inmobilizadas e María Jesús leva medio ano sen poder exercer a súa profesión como gandeira, co gravísimo prexuízo económico que isto lle está a causar.
Un grupo de gandeiros e gandeiras pertencentes á Dirección da Carne do Sindicato Labrego Galego, respectando os protocolos de seguridade pola Covid-19, concentráronse hoxe, 25 de setembro, diante da sede da Consellaría de Medio Rural, en Santiago de Compostela, para denunciar a inexistencia de medidas de apoio ao sector de vacún de carne na Galiza diante da crise de prezos que padece dende que, en marzo, se decretara o estado de alarma.
A pesares de ter pasado dous meses dende a celebración do último Consello Agrario Galego, o 16 de xuño, no que se tratou a necesidade de apoiar os sectores agrogandeiros máis afectados pola crise da Covid-19; unha das producións que máis sufriu o impacto do confinamento e do peche e restricións á hostalería, a carne de vacún, segue sen recibir ningún tipo de apoio ou axuda, nin por parte do Ministerio de Agricultura nin da Consellaría de Medio Rural.
A Asociación de Produtores de Carne de Montaña (Aprocam), coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, desenvolveu un curso sobre comercialización de produtos cárnicos en Chantada ao longo do mes de outubro. Unha das partes máis interesantes destas aulas foi a saída de campo que se fixo a Cervantes, para coñecer de primeira man a experiencia da Cooperativa A Carqueixa, que dende hai medio ano puxo en marcha un anovador sistema de venda online que lles permite chegar co seu produto a calquera punto da Península Ibérica.
No Fouce 326 xa informabamos da negociación dun tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur (Arxentina, Brasil, Uruguai, Paraguai e Venezuela). Xa daquela advertiamos que este acordo comercial resultará catastrófico para Galiza, especialmente para o medio rural, se realmente se acaba asinando. Sectores estratéxicos para a nosa economía agraria como o da carne de vacún resultarían arrasados.
O pasado 20 de xuño, o pleno do consello regulador da IXP Tenreira Galega reuníase en Compostela para debater unha proposta: o aumento da idade de venda dos becerros de 10 a 12 meses, como acontece no resto do Estado. Aínda que finalmente se aprobou a medida por maioría, o Sindicato Labrego Galego votou en contra. De seguido, explicamos por que.
O pasado 7 de xuño, no marco da 41ª Feira Semana Verde de Silleda, celebráronse varios concursos para premiar os mellores exemplares de razas galegas en perigo de extinción. En concreto, houbo competición en razas bovinas como Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa; e tamén en Porco Celta e Galiña de Mos. Máis alá do gando, tamén houbo certame de cans de palleiro. Cadrou que, nesta ocasión, houbo cinco afiliados do Sindicato Labrego Galego que foron galardoados.