Trasladamos dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas as nosas consideracións ao respecto da carta aberta feita pública onte pola Sra. Carmen Lence a través do seu perfil nun portal de emprego.
A enerxía e alimentación animal acomodáronse nos custos máis altos dos últimos anos, mentras o prezo do leite segue baixando. Cómpre vixiar que a visión triunfalista do Ministerio non sexa empregada polas industrias pra baixar máis o prezo do leite
Precisamos un plan galego urxente para loitar contra a Enfermidade Hemorráxica Bovina (EHE)
A industria láctea galega con máis volume de recollida baixa prezos ás granxas utilizando o leite como produto reclamo. Leite Río utiliza ás gandeiras nas súas estratexias publicitarias ao tempo que é cómplice do acelerado peche de granxas na Galiza
Iniciamos unha campaña de denuncia sinalando con faixas industrias lácteas que forzaron a última baixada de prezos. Escandalosa ausencia e desleixo da Consellaría, inactiva ante os flagrantes incumprimentos da Lei da Cadea Alimentaria
A Consellaría segue desaparecida ante a estratexia de baixada de prezo do leite ás granxas orquestrada polas industrias. Esiximos índices públicos de custos de produción e que se faga cumprir a Lei da Cadea ás industrias que non respectan prezos.
Alarma entre as granxas de leite pola inacción da Consellaría do Medio Rural fronte á baixada orquestrada polas industrias lácteas. Pedimos aos grupos parlamentarios garantir o cumprimento da Lei da Cadea e prezos que cubran custos e remuneren o traballo
A xuntanza tivo lugar no marco da campaña de denuncia da estratexia de baixada de prezos imposta polas industrias lácteas. Observatorio do Leite Galego, índices de referencia, seguimento da entrada de leite de fóra; algunhas das principais demandas
A DN do Leite do SLG valorará accións informativas e de denuncia dirixidas contra as empresas que abandeiran baixadas. Esta semana manteremos xuntanzas cos grupos parlamentares a fin de trasladar polo miúdo as prácticas abusivas das industrias
Baixada orquestrada polas industrias lácteas mentras a Xunta négase a dar datos oficiais de custos de produción na Galiza. Iniciamos reunións para lanzar unha campaña de mobilizacións para denunciar os abusos ás granxas e ás persoas consumidoras
Se as industrias lácteas queren futuro para o sector, que paguen prezos que cubran custos de produción e remuneren o traballo. O incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria ou a ausencia de índices oficiais de custos aceleran o peche das granxas galegas
Como xa advertimos no mes de febreiro, as industrias lácteas forzaron unha baixada o prezo do leite malia á suba de custos. Xunta e Ministerio non actuaron fronte á imposición de contratos á baixa e presentados fóra dos dous meses previos establecidos
A Lei da Cadea permite que Xunta e MAPA interveñan directamente para que o prezo non sexa menor que os custos. Dende o Sindicato Labrego Galego animamos ás granxas a non asinar contratos que impliquen unha baixada de prezos.
A segunda empresa que máis leite ecolóxico recolle na Galiza manten estancados á baixa os prezos de compra ás granxas. O sector, maioritario na produción ecolóxica en todo o Estado, baralla accións contra Leite CELTA e a grande distribución
O BOE recolle o Real Decreto 374/2022, de 17 de maio, que modifica as condicións de contratación no sector lácteo. Nin a Consellaría do Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura proporcionan a información imprescindíbel para calcular o prezo
Alertan do estancamento de prezos baixos de industrias como Celta e demandan un prezo de partida de 55 cts/l máis calidades. Solicitan garantir a compra para centros públicos, promoción específica, medidas para cubrir custos e frear a caída prezos.
A CMR pretende reducir as reunións a unha por ano e non garante que os prezos sexan tidos en conta para analizar o sector. Solicitamos igualar o número de vogalías das organizacións agrarias ao das industrias, axente que presiona a cadea láctea.
A folga de transporte está a afectar máis intensamente á Galiza, a Xunta debe pór tamén medidas, non pasar a pelota ao Estado. Estamos en contacto con outras organización do sector para conseguir a convocatoria inmediata do gabinete de crise.
Malia que o sector do transporte garantíu o subministro de alimentos, algunhas industrias ameazan con non recoller o leite. Valoramos iniciar medidas legais contra aquelas industrias que non se responsabilicen do leite que se neguen a recoller
Dende o SLG animamos ás granxas de leite a que revisen ben os contratos e que vexan as opcións que hai neste momento. Contratos referenciados a uns índices de Estados da UE difíciles de seguir e a aplicación de fórmulas complexas agravan a incertidume no sector
Rolda de prensa conxunta das organizacións agrarias galegas para presentar análises e propostas que poñan fin dunha vez por todas á venda a perdas das granxas produtoras de leite.
A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, e o coordenador do sector, Xulio Fernández, participaron na mañá de hoxe canda outras organizacións agrarias nunha xuntanza co conselleiro de medio rural, José González Vázquez, para abordar a activación urxente de medidas que poñan fin á venda a perdas no sector lácteo.
O Sindicato Labrego Galego presentou mocións en todos os concellos da comarca do Deza-Tabeirós para demandar a súa implicación activando medidas de apoio ao sector leiteiro galego, e sumando forzas canda o sector produtor no traslado das súas reivindicacións á Consellaría do Medio Rural.
O feito de que siga a haber primeiros compradores que teñen deixado impagos é responsabilidade directa da Xunta de Galicia. Algunhas destas industrias lácteas contan mesmo con condenas previas por esa mesma infracción, como é precisamente o caso da actual propietaria de Tegestacín, a familia Sangiao, condenada por impagos ás gandeiras e gandeiros que subminstraban o leite a Lácteos Tambre.
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) alerta do risco de que as modificacións da Lei da Cadea Alimentaria aprobadas na última hora da tarde de onte no Congreso español non abonden para garantir a cobertura dos custes de produción.
O Sindicato Labrego Galego continua coa campaña de presentación de mocións en todos os Concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.Hoxe presentamos en rexistro a moción para que poida ser debatida no Pleno do Concello de Chantada que se vai celebrar mañá.
O Sindicato Labrego Galego inicia no Concello de Arzúa unha campaña de presentación de mocións en todos os concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.
A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte en Madrid nunha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixiu canda representantes doutras organizacións agrarias do Estado medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro.
A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, desplazarase a Madrid o venres 26, para manter unha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixirá medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro que freen de xeito urxente a desaparición de milleiros de granxas na Galiza.
Fronte á situación de absoluto abandono administrativo das nosas granxas, iniciamos hoxe unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE SE NEGAN A PAGAR O LITRO DE LEITE A PREZOS QUE CUBRAN OS CUSTOS DE PRODUCIÓN. Estas mobilizacións e a busca do apoio das persoas consumidoras continuarán nas seguintes semanas noutras cidades e vilas galegas.
O Sindicato Labrego Galego convoca a todo o sector leiteiro galego a continuar cas mobilizacións. Iniciamos unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE MÁIS ESTÁN A PREXUDICAR ÁS GRANXAS GALEGAS: aquelas que se negan a pagar o litro de leite a prezos que cubran os custos de produción.
O Sindicato Labrego Galego manterá unha dinámica de unidade ante as protestas do prezo do leite, malia o desmarque de Unións Agrarias que non atende a proposta que o SLG lle realizou a semana pasada. Asemade, iniciará unha campaña informativa para buscar a complicidade das persoas consumidoras ante os abusos de Lactalis e outras empresas con prácticas abusivas -como manter os prezos por debaixo de custos de produción-. O SLG anima a produtoras e produtores e ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións e actos reivindicativos en defensa do sector.
O pasado xoves, 28 de outubro, a asemblea do sector lácteo do SLG convocada en Lugo acordou, entre outras cousas, construír alianzas e unidade de acción asentadas en base a uns mínimos que eviten a ilusión de que unha mobilización puntual pode resolver este problema.
Na asemblea convocada onte en Lugo polo Sindicato Labrego Galego, gandeiras e gandeiros analisaron a situación crítica para o sector do leite, cun futuro no que se preven aínda máis e maiores subas nos custos de produción e o imobilismo de boa parte da industria, que se nega a reflectir esas subas no prezo pagado ás granxas.
Este xoves 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego convoca ao sector lácteo galego en Lugo para poñer en común os problemas tan graves que estamos vivindo, e decidir entre todas as persoas que accións podemos levar adiante. Esta encontro, baixo o lema-denuncia “Nin PREZOS nin PAC”, terá lugar de 11h a 14h. no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo.
Abusos comerciais como os que están a cometer estas distribuidoras teñen consecuencias directas: a día de hoxe, malia que o prezo de produción dun litro de leite oscila entre os 33 e os 38 céntimos por litro, as gandeiras e gandeiros galegos cobran entre 32 e 34 cént./l., moi lonxe dun prezo digno que cubra custos de produción e traballo.
Desde o Sindicato Labrego temos que amosarnos preocupados porque o respaldo que o sector do leite agardaba da Consellaría fique finalmente concretado nunha aplicación informática de xestión individual. Todos os esforzos para identificar e definir os custos de produción son necesarios e benvidos, mais para non ficar a medio camiño cumpre que estes datos sexan vinculantes e a intermediación directa da Consellaría.
A empresa acumula débedas dende os 3.000 aos 80.000 €, correspondentes a entre os dous e os catro meses de produción, que comprometen a viabilidade das granxas. O SLG reclama da administración autonómica a cancelación da licenza de primeiro comprador de leite para aquelas empresas que non cumpran nos pagos ás granxas subministradoras, así como restricións no acceso a axudas públicas -e mesmo devolución das mesmas- para empresas con historial de impagos.
A publicación, na semana pasada, do estudo da cadea de valor do leite está a ter consecuencias prácticas. O Sindicato Labrego Galego recibiu comunicación directa dunha industria leiteira galega, confirmando que xa está a anunciar ás granxas unha suba inminente de 2 céntimos por litro, efectiva a partir do 1 de agosto. Diante deste pequeno movemento por parte da Naturleite, e movementos semellantes doutras industrias de que temos constancia aínda que sen confirmación directa, chamamos ás granxas a tomaren a iniciativa.
O pasado 2 de xullo, o Observatorio da Cadea Alimentaria do Ministerio de Agricultura aprobou o estudo da cadea de valor do leite, cuxos datos veñen confirmar as denuncias que o Sindicato Labrego Galego vén facendo dende hai décadas. O dato que máis nos interesa deste estudo é que fixa o custe de produción medio para un litro de leite de vaca no Estado español en 0’3565 €/litro.
O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 11 de xuño, o seu Congreso do Leite no Pazo de Liñares (Lalín), un evento que se encadra no décimo proceso congresual da organización agraria. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.
Industrias leiteiras como Lactalis ou Reny Picot están obrigando a asinar os novos contratos para a seguinte campaña á baixa, segundo tivemos constancia no Sindicato Labrego Galego. No caso da multinacional gala, resulta un agravio comparativo insultante, xa que mentres en Francia Lactalis pactou subas de prezo coas granxas que lle fornecen, pagando un valor medio en 2020 de 36,9 céntimos; na Galiza segue forzando contratos á baixa, contribuíndo a termos o peor prezo medio do Estado e un dos máis cativos da Unión Europea, que non chega aos 33 céntimos. De feito, temos granxas que están a denunciar unha baixada dun céntimo no prezo do leite para os novos contratos que está a ofrecer Lactalis.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 18 de novembro, na presentación da nova Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo 2020-2025 da Xunta oficiada polo conselleiro de Medio Rural, José González, e o presidente, Alberto Núñez Feijóo. Vilalba expresou o seu sentimento de perplexidade diante do triunfalismo inxustificado do Goberno da Xunta, que se esforzou en bosquexar unha imaxe idílica do sector lácteo galego que pouco ou nada ten que ver coa realidade.
Vítor Fernández é un gandeiro mozo que apostou por darlle relevo á granxa familiar, cunha gandería ecolóxica de vacas para leite -Casa do Neiro- que pacen nas terras que a súa familia ten xunto ao río que fai de fronteira entre os concellos de Chantada e Carballedo. Apostou por un modelo de pastoreo e soña con poder crear, no futuro, unha iogurtería. As súas máximas preocupacións deberían apuntar cara á baixada nos prezos do leite que está a experimentar o sector, ou como conseguir o capital suficiente para financiar os proxectos cos que soña, pero non é así. Agora mesmo, Vítor vive atemorizado polo acoso que está a sufrir por parte dun veciño de Villaguillulfe que ten unha manda de cans de gran tamaño e probada agresividade e que está obsesionado con facerlle a vida imposible ceibándoos para que ataquen as súas vacas.
Cando arrincaba o inicio da campaña 2020-2021 no sector lácteo, en primavera, o Sindicato Labrego Galego xa alertou de que as industrias estaban a usar de novo as súas prácticas de extorsión para obrigar a asinar ás granxas contratos con prezos a baixa (ver anterior comunicado). A grande novidade é que, desta vez, as recentes reformas na Lei da Cadea Alimentaria obrigaban a incluír nos contratos unha cláusula facendo referencia a que o prezo acordado por ambas partes cubría os custes de produción. Nese momento, dende o SLG denunciamos que as industrias estaban obrigando ás granxas a falsear esa cláusula para avalar prezos artificialmente baixos, sempre por baixo dos custes de produción.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito de denuncia na Axencia de Información e Control Alimentarios (Aica) no que se dá conta da extorsión que están a sufrir as granxas ao ser obrigadas a falsear a cláusula do contrato na que se di que o prezo pactado cobre os custes de produción.
A recente reforma que fixo da Lei da Cadea Alimentaria o Ministerio de Agricultura, presionado polas fortes protestas do agro en todo o Estado, obriga a incluír unha cláusula nos contratos na que se faga referencia a que o prezo pactado entre industrias e produtores e produtoras cobre os custes de produción. Pero quen fixo a lei, fixo a trampa...
O Estudo de Custes e Rendas das Explotacións Agrarias (Ecrea) do sector lácteo correspondente ao ano 2017 fixa en 39 céntimos o custe medio para producir un litro de leite de vaca nunha granxa galega, un valor moi afastado dos 32,3 céntimos que cobraron as nosas granxas en marzo1. Se utilizásemos este custe de produción, que se incrementou nos últimos anos, e calculamos o diferencial do que perderon as nosas granxas por non ingresar eses cartos, só en 2019 o sector lácteo galego deixou de ingresar case 160 millóns de euros (159.596.767 €), o que supón unha media de máis de 13 millóns de euros por mes (13.299.730 €)2.
Dende o Sindicato Labrego Galego tivemos constancia de que a empresa Reny Picot está a ofrecer ás granxas que lle abastecen de leite novos contratos por tres meses, unha práctica que roza a fraude xa que, aínda que a Lei da Cadea Alimentaria consínteo se hai acordo entre as dúas partes, todos e todas sabemos en que consisten os “acordos” no sector lácteo: extorsión das industrias ás granxas aproveitándose da súa posición de dominio na cadea de valor.
O Sindicato Labrego Galego organizará dous novos encontros centrados na demanda xudicial contra o cártel do leite, que se celebrarán en Compostela e Lugo os días 20 e 21 de febreiro respectivamente. Estas xuntanzas dan continuidade ao proceso de asembleas comarcais que o SLG levou a cabo, entre novembro e decembro do ano pasado, para informar ao sector lácteo da posibilidade de recorrer á vía xudicial para reclamar o diñeiro perdido polo pacto de prezos entre as industrias multadas por Competencia.
O silencio e carencia total de iniciativas por parte da Consellaría de Medio Rural no sector lácteo fai que as industrias estean aproveitando o baleiro para extorsionar de novo ás granxas, obrigándoas a asinar contratos que conxelan os prezos nunha situación de alza xeneralizada. Ademais, os diversos indicadores subliñan que Galiza segue a ser a comunidade do Estado co prezo medio máis baixo (32,6 céntimos en novembro de 2019), a única que non supera os 33 céntimos, e moi lonxe da media española (34 céntimos) ou europea (35'31 céntimos).