A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. Outros>
  5. Xornada formativa en olivicultura na comarca de Valdeorras

Xornada formativa en olivicultura na comarca de Valdeorras

8 de Abril do 2010

olivas

Entre mañá, venres 9, e o sábado 10 de Abril o Sindicato Labrego Galego realizará unha xornada de formación sobre olivicultura para viticultores e viticultoras das comarcas de Valdeorras e Quiroga.

 

Baixo o título “Calidade das producións. Cultivo da oliveira na comarca de Valdeorras” esta xornada enlaza co traballo que vén desenvolvendo dende o ano 2007 o SLG para a introdución da oliveira nestas zonas.

A cargo de Joâo Helder Fernandes Teixeira, enxeñeiro agrónomo e técnico da Cooperativa de Vilaflor (Portugal), esta actividade formativa comezará ás 17,00hrs do venres na Casa Grande de Viloira (concello d´O Barco), continuando ao longo da xornada do sábado (11:00hrs-20:00hrs) no centro social do concello de Larouco (Seadur).