A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Lei de augas: 2021

  1. Defendemos no CES a xestión pública da auga e garantir o seu acceso por parte da poboación

    auga para todas 2 de Febreiro do 2022 · 

    Nestas semanas está a ter lugar no seo do Consello Económico e Social de Galiza (CES) o proceso de debate e emendas do denominado “Anteproxecto de Lei de Mellora da Xestión do Ciclo Integral da Auga”, o cal modifica a Lei 9/2010 de Augas de Galicia. Este ditame do CES será remitido á Xunta de Galicia, para a súa posterior tramitación como Lei no Parlamento Galego, puidendo ter incorporado as achegas formuladas polo CES, ou non.

  2. Alegamos contra a creación dunha nova balsa de residuos da mina de Touro-O Pino

    Balsa residuos-drenaxe 29 de Outubro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións contra o“Proxecto de drenaxe integral da concesión de explotación San Rafael n.º 2.946”, na parroquia de Touro (San Xoán), nos termos municipais de Touro e O Pino (A Coruña).

  3. Contra a cobiza do oligopolio enérxético. Non á privatización dos lagos de Meirama e As Pontes

    ConcentraciónAugasDeGalicia 22 de Septembro do 2021 · 

    Con motivo da apertura de sobres vinculada á solicitude de explotación privada dos recursos hídricos dos lagos de As Pontes e Meirama, distintas organizacións sociais convocamos unha acción de protesta nas oficinas de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.