Como a PAC pode axudar as producións labregas

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A PAC e as producións labregas>
  4. Actividades do proxecto

Actividades do proxecto

  1. O SLG fai unha rolda de xuntanzas cos partidos políticos do Parlamento de Galiza para formar unha fronte común na PAC

    SLG Parlamento 12 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego iniciou, en outubro, unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para expoñerlles a necesidade de adoptar unha postura común de país para defender unha Política Agraria Común (PAC) que beneficie os nosos sectores agrogandeiros e a singularidade do noso rural (Puedes descargar la traducción íntegra al español del presente texto en el icono que encontrarás al final de esta página).

  2. Carta do SLG e da ECVC á e aos representantes de Galiza no Parlamento Europeo en defensa dunha nova PAC

    Parlamento Europeo 11 de Outubro do 2020 · 

    En outubro, dende o Sindicato Labrego Galego enviámoslle unha carta aos e ás representantes de Galiza no Parlamento Europeo: os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE); é á portavoz do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Nesta misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas como membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), pedímoslles o seguinte:

  1. PAC para dummies

    PAC PARA DUMMIES: Primeiro, coñece; despois, reclama polos miles de millóns de euros que nos estamos a xogar

    5 de Febreiro do 2021 · 

    Sabemos que somos algo pesadas con isto da PAC, pero pensade que só no período 2014-2020 o Estado Español recibiu 47.500 millóns de euros de Europa neste concepto. Resulta incomprensible que semellante cantidade de cartos non estea fiscalizada pola sociedade no seu conxunto -especialmente na Galiza, a comunidade máis prexudicada polos criterios vixentes de reparto- pois con eses cartos decidimos sobre algo tan básico como os alimentos que levamos á boca.

  2. Xornada Ribadumia

    Xornada informativa do SLG en Ribadumia sobre a nova Política Agraria Común (PAC) no sector vitivinícola

    7 de Decembro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego programou unha xornada formativa en Ribadumia, o vindeiro xoves 10 de decembro, baixo o título “O futuro da viticultura”. Será no salón de actos da Casa de Cultura de Ribadumia e contará coa técnica especialista en Política Agraria Común (PAC), Ana Rodríguez; e co responsábel do Sector do Viño do SLG e viticultor e adegueiro biodinámico, Bernardo Estévez.

  3. Xornada PAC

    XORNADA TÉCNICA SOBRE O PERÍODO TRANSITORIO DA PAC 2021-2022

    1 de Novembro do 2020 · 

    O vindeiro luns, 30 de novembro, imos celebrar unha xornada técnica sobre o perído transitorio á nova Política Agraria Común (PAC) nos anos 2021-2022. Para facela, contaremos co/coa técnic@ Ana Rodríguez, que fará unha introdución sobre os cambios; e Andrés Castro, que explicará como nos van afectar eses cambios no noso traballo diario.

  4. Da granxa á mesa

    A ESTRATEXIA "DA GRANXA Á MESA"

    25 de Outubro do 2020 · 

    O 11 de decembro de 2019, a Comisión publicou a comunicación “Pacto Verde Europeo” para converternos no primeiro continente neutral no clima do mundo para 2050. No marco deste Pacto Verde, a comisión está publicando toda unha serie de medidas lexislativas e non lexislativas que van afectar ao noso sector nesta década (podes descargar o artigo traducido ao castelán premendo na iconta que atoparás ao remate desta páxina).

Arquivo

Bandeira da Unión Europea

Co-financiado polo Programa IMCAP da Unión Europea

Os contidos da presente sección representan unicamente as opinións do autor ou autora e é responsabilidade exclusiva del ou dela. A Comisión Europea non asume ningunha responsabilidade polo uso que puidera facerse da información contida en dito material.