A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A PAC e as producións labregas>
  4. Rolda de asembleas informativas sobre a Política Agraria Común 2023 en toda Galiza

Rolda de asembleas informativas sobre a Política Agraria Común 2023 en toda Galiza

9 de Novembro do 2022

asembleasPAC

A PAC solicitarase en maio e abril, as/os labregas/os precisamos coñecer os seus requisitos e características antes do 2023. Achegamos calendario de xuntanzas, que darán inicio o vindeiro 15 de novembro en Chantada e terán lugar nas catro provincias

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) iniciará o vindeiro martes día 15 de novembro en Chantada -adxuntamos cartaz- unha rolda de asembleas informativas sobre a Política Agraria Común (PAC) que comezará a ser aplicada a partires do 2023.

O SLG estivo presente na longa xestación desta PAC, unha política agraria común que finalmente ficou moi complexa. Se ben podemos dicir que “cambia todo”, no fondo os cartos que percibe cada Comunidade Autónoma permanecen máis ou menos invariables, e os perceptores e perceptoras das axudas tamén. A diferencia fundamental é que imos ver moi aumentada a carga burocrática para cobrar, no caso galego, unhas axudas iguais ou inferiores ás que viñamos percibindo nestes anos.

Ademais, canda a nova Política Agraria Común, para o ano 2023 entra en vigor moita normativa que tamén mudará fondamente a vida das granxas.

A nova PAC vaise solicitar en marzo e abril do 2023, pero as labregas e labregos precisamos saber o as súas características e requisitos antes o 1 de xaneiro do 2023, que é cando entrará en vigor. Por iso convidamos a todas as persoas que, solicitaran ou non a PAC en anos anteriores, estean interesadas en saber como vai ser a solicitude única da PAC para o ano 2023, a asistir a algunha das 25 asembleas programadas arestora por todo o país, nas que faremos un repaso por todas as axudas da solicitude única e os requisitos das mesmas.

As datas fixadas neste momento para a segunda quincena de novembro son as seguintes:

15 de novembro en Chantada

16 de novembro en Lourenzá e Ordes

17 de novembro en Xinzo

18 de novembro en Arzúa e Melide

22 de novembro en Currelos (O Saviñao) e Castroverde

23 de novembro en Carballo

24 de novembro en Becerreá

29 de novembro no Corgo

30 de novembro en Láncara