A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A PAC e as producións labregas>
  4. Carta do SLG e da ECVC á e aos representantes de Galiza no Parlamento Europeo en defensa dunha nova PAC

Carta do SLG e da ECVC á e aos representantes de Galiza no Parlamento Europeo en defensa dunha nova PAC

11 de Outubro do 2020

Parlamento Europeo

En outubro, dende o Sindicato Labrego Galego enviámoslle unha carta aos e ás representantes de Galiza no Parlamento Europeo: os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE); é á portavoz do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Nesta misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas como membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), pedímoslles o seguinte:

Máis de dous anos despois da presentación da proposta de Reforma da PAC post 2020 –dous anos nos que practicamente non se avanzou na definición da posición do Parlamento Europeo e do Consello– parece que entramos nunha nova fase de «estado de emerxencia», onde o obxectivo é, a toda costa, concluír as negociacións de dita reforma o antes posible.

ECVC non dubida que esta urxencia para concluír as negociacións está relacionada co medo dos que defenden o actual status quo na PAC. Estes temen os cambios que poida implicar na reforma da PAC o debate en torno ao Pacto Verde, a Estratexia da Granxa á Mesa e a Estratexia de Biodiversidade.

Despois de ver onde se dirixe o debate no Parlamento Europeo e no Consello, as expectativas da Coordinadora Europea Via Campesina (ECVC) para a reforma actual son moi baixas. Tememos que, ademais de renacionalizar a esencia da PAC, sexa unha continuación das reformas anteriores, que manteñen a concentración actual de axudas (e o deterioro actual dos prezos de produción). Isto está combinado cunha política comercial orientada ao mercado mundial, que manterá aos labregos e ás labregas como un dos sectores máis pobres da sociedade europea con ingresos un 50 % máis baixos que os do resto da sociedade. A reforma actual non evitará ni solucionará a desaparición de máis de mil explotacións agrícolas cada ano, o envellecemento da poboación agrícola, a desertificación dos territorios rurais, o impacto no medio ambiente, a intensificación dds modelos produtivos e a consecuente degradación da calidade dos alimentos, entre moitos outros problemas.

Para ECVC está claro que o Parlamento Europeo está máis cerca de definir a súa posición. No que se refire ao Regulamento da Organización Común de Mercados, a posición do Parlamento ten o poder de mellorar as propostas da Comisión Europea. Polo que respecta ao Regulamento do Plano Estratéxico da PAC, a posición do Parlamento só debilita as xa pouco ambiciosas propostas da Comisión Europea, concretamente no que respecta aos instrumentos que esixen unha mellor distribución das axudas do primeiro piar da PAC.

Non entendemos a preocupación por ese aproximado 2 % de beneficiarios da PAC que reciben arredor do 30 % das axudas do primeiro piar e que se verían prexudicados pola aplicación destes mecanismos. As medidas facilitarían unha mellor distribución das axudas, motivadas polo valor social que poden  representar. Isto podería paliar toda a inxustiza que existe: o 80 % dos beneficiarios da PAC reciben un 20 % das axudas, e arredor dun 40% de agricultores europeos nin sequera se benefician deste tipo de axudas, a pesar de verse igualmente obstaculizados polo cumprimento de máis leis e unha política de prezos baixos na produción.

Non comprendemos moi ben a posición que xurdiu na anterior COMAGRI, xa que rexeitaba a redución da parte dos pagos directos recibidos por encima de 60 mil euros e limitaba a redistribución das subvencións que poida resultar da aplicación do límite de subvención e dos pagos redistributivos ao 10 % do orzamento nacional.

Nete contexto e nun último esforzo, ECVC solicita que preste atención aos 6 aspectos principais seguintes:

  1. Réxime de pequenas agricultoras e pequenos agricultores: é preciso reverter a decisión da anterior COMAGRI de conceder unha axuda de máximo 1250 € por beneficiario;
  2. Capping e pago redistributivo : é necesario reverter a decisión da anterior COMAGRI de limitar a un máximo do 10% do total dos orzamentos estatais para o 1er piar da PAC e de retirar a redución progresiva das axudas aos beneficiarios e ás beneficiarias que reciban entre 60 000 y 100 000 euros de pagos directos anuais. Debe reafirmarse a obriga dos Estados membros de aplicar medidas de capping.
  3. Eco-esquemas: é necesario integrar dende xa os modelos de produción sostibles preexistentes (como o modelo de produción agroecolóxica que se encontra dentro da definición dada pola FAO) e o modelo de agricultura ecolóxica nos Eco-esquemas sin necesidade de introducir novas prácticas. Do mesmo xeito, é esencial que os modelos superintensivos que son totalmente insostibles se retiren dos planes ecolóxicos, aínda que introduzan algunhas prácticas máis respectuosas co medio ambiente;
  4. Definición de hectárea elexible: é necesario non considerar como actividade mínima a cuestión do mantemento das áreas en boas condicións agrícolas, a non ser que a parcela se atope nunha práctica de rotación;
  5. Condicionalidade social das axudas: é necesario que se implemente a condicionalidade social das axudas; todo elo, no sentido de que os beneficiarios e beneficiarias cumpran obrigatoriamente coa lexislación laboral vixente e, en caso de infraccións graves, retirar a axuda xa recibida;
  6. Regulación pública: é necesario apoiar todas as iniciativas que xurdan, con el fin de integrar a regulación pública obrigatoria no regulamento de la OCM —en caso de distorsións graves nos mercados agrícolas.
  7. Logos en faldón