A concorrencia non competitiva prexudica ás persoas que carecen de equipamento ou con escasa cobertura de rede. O tope máximo de ingresos establecido no Programa Impacto Autónomo 2023 deixaría fóra a case tódalas granxas de carne
O SLG votou en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do 21 de decembro, na que tamén se acadou a revisión de oficio do complemento de alugueiro. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións.
O SLG-CCLL vota en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do pasado mércores 21. Restaura o silencio administrativo, malia ás sentenzas en contra da Xunta, incrementa demoras e non aborda a precariedade.
A denegación a unha muller maior que reside dende 1973 na mesma vivenda apunta discriminación deste colectivo vulnerábel. A vogal do SLG-CCLL no Consello Galego de Benestar Social alerta á Valedora do Pobo da posíbel existencia de máis casos
As organizacións convocantes apelan á unidade para conformar unha forza plural que presione para garantir a protección social. Canda a defensa das pensións públicas, a Sanidade ou o Ensino a mobilización procurará fortalecer o apoio ás demandas do SAF
A Coordenadora Europea Vía Campesina reuniuse do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitrioa. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizaron estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega
Feminismos, alianzas, loitas interseccionais, agroecoloxía e decolonización foron algúns dos eixos dos debates de hoxe. Alertouse do retroceso nos dereitos trans e analizáronse estratexias fronte á desvalorización das mulleres e da mocidade
A Coordenadora Europea Vía Campesina reunirase do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitriona. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizarán estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega
Reivindicamos a recuperación de froiteiras como unha estratexia imprescindíbel para avanzar cara a soberanía alimentaria. Solicitamos a colaboración cidadá para aportar información que facilite a localización e recuperación destas variedades
Case unha trintena de construcións realizadas en terreos e con materiais aportados pola veciñanza, en risco de privatización. Veciñas/os testemuñan que o prego inicial de condicións incluía o dereito á recuperación do terreo e do inmoble pola comunidade
O V Festival Son Labreg@, "Colapsa agora para evitar aglomeracións", terá lugar o 17 de setembro en Visantoña (Santiso). O Concello de Santiso e a Banda-Escola de Música de Visantoña colaboran co Sindicato Labrego Galego nesta edición.
O curso de gandería rexenerativa estase a desenvolver os días 6, 7 e 8 de setembro no local do SLG en Chantada. O 14 de setembro organizarase en Castro de Carballedo unha xornada para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario.
Unha asamblea celebrada este sábado en Loentia confirmou que Directiva e empresa non queren dar información ás comuneiras. A área que presumíbelmente quere acaparar SUREXPORT é empregada arestora para pastos por nove granxas familiares
No Centro Base de Valoracións de Lugo os retrasos para novas valoracións e revisións das presentadas superan os 12 meses. As persoas e familias afectadas afrontan ademais prexuízos administrativos vinculados á non tramitación dos expedientes
Familias en situación de vulnerabilidade ou con persoas maiores, con discapacidade ou dependentes, concorren na quenda xeral. O SLG-CCLL dirixiuse ao Consello Galego de Benestar Social para apelar á modificación da Orde nas vindeiras convocatorias
Xa está na rúa o número 339 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de xullo e agosto. As recentes mobilizacións en demanda de prezos xustos para o agro que tiveron lugar na comarca da Limia, as últimas actualizacións ao respecto da invasión eólica, o seminario internacional "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria" coordenado polo SLG-CCLL en Compostela e a participación en distintas mobilizacións sociais convocadas nestes últimos dous meses son algúns dos temas abordados.
O Sindicato Labrego Galego participará nas mobilizacións convocadas en Santiago de Compostela hoxe, 25 de xullo. Só a soberanía dos pobos pode situar a Vida no centro. Por unha Administración pública ao servizo da cidadanía e non do capital.
A OTAN é a principal multinacional da guerra. A súa función é perpetuar as dinámicas de espolio colonial a favor de occidente. Máis conflictos nos territorios empobrecidos, máis violencia nas pantallas dos territorios enriquecidos: A morte como produto
Demandamos asistencia legal e sanitaria de calidade para as persoas sobrevivintes da brutalidade policial en Melilla. Esiximos ao Goberno español acelerar a identificación das víctimas, garantía de repatriación e reparación ás familias.
“Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada no Centro de Interpretación de Belvís (Compostela). O GT de Migración e Traballo Rural da CEVC prepara dende Galiza unha campaña internacional contra a agroindustria
Acción reivindicativa ás 17.45h. de hoxe, martes 21, nas instalacións de Surexport no Arneiro (Cospeito; Lugo). "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria", xornada aberta, mañá no Centro de Interpretación (Belvís).
Compostela acollerá ao Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordenadora Europea Vía Campesina. Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada aberta, mércores 22 no Centro de Interpretación (Belvís).
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas acollerá dende o vindeiro martes 21 de xuño unha delegación internacional da Coordenadora Europea do movemento labrego mundial La Vía Campesina (CEVC), da que o SLG-CCLL forma parte.
Rexistramos solicitude na Consellaría de Cultura, no marco dunha campaña estatal na que tamén nos diriximos ao Ministerio. Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial da Apicultura, co que a ONU destaca o seu rol fundamental no mantemento da biodiversidade
Unidade de acción para urxir a un cambio de modelo que poña fin á destrución das granxas e garanta a calidade dos alimentos. A Secretaria Xeral do SLG-CCLL animou a sumar forzas para acadar a Soberanía Alimentaria e a Soberanía Enerxética.
Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal. Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade.
A chegada de penso para alimentación animal e a apertura dos matadoiros, urxente para evitar o colapso das granxas galegas. Opoñémonos a respostas curtopracistas que afondan inda máis no modelo capitalista que nos levou á grave situación actual.
As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver saír á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) ten convocado dúas manifestacións: unha no sur, en Cangas do Morrazo, e outra no norte, en Ribadeo.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas estará este domingo 19 de decembro apoiando a manifestación convocada polas traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares (SAF) ás 12h. con saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.
A principios do mes de marzo por iniciativa da Asociación Ambiental Petón do Lobo e colectivos da Rede Galega Stop Eólicos iniciouse esta petición de ditame dirixida ao Consello da Cultura Galega
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrou hoxe o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro". A gandeira de Lourenzá (Lugo), Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral dende o ano 2012, foi reelixida no seu cargo para o novo período.
O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.
O Sindicato Labrego Galego, integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) participará na manifestación convocada para este sábado 13 de novembro ás 12h en Santiago de Compostela, mobilización que será levada adiante simultaneamente en numerosas capitais de todo o Estado.
Dúas representantes da Rede Galega Stop Eólicos (RGSE), Margarida Prieto Ledo (SLG) e Bruno Centelles (SOS Groba e Instituto de Estudos Miñoráns ), denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela a situación de emerxencia social na que se atopa o noso país diante da invasión eólica da que está a ser obxecto o medio rural galego.
Margarida Prieto Ledo, vogal do Consello Galego de Benestar Social (CGBS) en representación do Sindicato Labrego Galego, denunciou no pleno celebrado na mañá de hoxe a falta de transparencia deste órgano, que rexeitou xa en dúas ocasións atender solicitudes directas de información sobre cuestións como a Lei de Dependencia, o modelo de residencias ou a adxudicación de fondos europeos Next Generation. Logo de que a vogal do SLG reiterara estas solicitudes de información, o CGBS comprometeuse a tratar estes temas no pleno que terá lugar o vindeiro mes de novembro.
O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 17 de outubro en Viveiro convocada polas entrais sindicais de clase na que se vai demandar unha resposta das administracións públicas para frear revertir a dinámica de retroceso económico e laboral que se vive na Mariña.
Solicitamos á Consellaría de Infraestructuras e Mobilidade e á Xefatura Provincial de Lugo a atención inmediata á solicitude das familias das dúas únicas crianzas que collen o bus escolar no barrio de A Casanova – Noche (Terra Chá), que arestora teñen que facelo lonxe das súas casas nun cruce perigoso, malia a que o percorrido do bus pasa por diante das súas casas.
O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións constituíntes da nova Plataforma Galega polos Servizos Públicos de Dependencia (PGSPD) que, de cara a canalizar a demanda social que existe para este sector fundamental nos coidados de persoas maiores e dependentes, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo, 27 de xuño, en Compostela. De seguido, compartimos o manifesto de constitución da PGSPD.
Vimos de recibir o número 334 do Fouce, no que continuamos informando do proceso do X Congreso do SLG, con reportaxes sobre a Asemblea Xeral do Viño e do Congreso de Vacún de Carne. Ademais, publicamos toda a documentación sobre o Congreso do Leite, que se celebrará o vindeiro 11 de xuño no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra). Completamos con informacións sobre a avalancha eólica, a moratoria dos eucaliptos, as últimas xornadas de granxas abertas ou as denuncias sobre o machismo da PAC. E falando de Política Agraria Común, no Editorial adiantamos as últimas novidades que coñecemos na xuntanza co conselleiro de Medio Rural, o 21 de maio, que indican que o Ministerio de Agricultura está trampeando para volver argallar unha PAC do máis lesiva e discriminatoria para Galiza. Se xa queres ler o teu exemplar, descárgao na icona que atoparás no remate desta páxina.
A representante do Sindicato Labrego Galego no Órgano de Participación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, Margarida Prieto Ledo, presentou diante deste organismo unha proposta de apoio para manter aberto o CEIP de Baamonde e para reabrir o centro de saúde de Parga. Fíxoo no transcurso da xuntanza ordinaria que mantivo o órgano de participación onte, 17 de decembro, en Lugo. Finalmente, acordouse por unanimidade pronunciarse contra o peche do CEIP de Baamonde e a favor da reapertura do centro de saúde de Parga.
O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu apoio e solidariedade coas familias do CEIP de Baamonde, no concello de Begonte, diante da intención do goberno municipal e da Consellaría de Educación de pecharlles o centro escolar. Cunha trintena de alumnos e alumnas, e dando asistencia directa a varias parroquias ademais de Baamonde, non se entende esta aposta por desmantelar este servizo esencial para a calidade de vida das familias e a formación da rapazada da zona.
A representante do Sindicato Labrego Galego no Consello Galego de Benestar (CGB), Margarida Prieto Ledo, criticou o funcionamento deste órgano colexiado por non dar resposta aos problemas fundamentais que arrastra Galiza na xestión de diversos servizos sociais que son imprescindibles para miles de familias. Fíxoo no transcurso do pleno do CGB celebrado onte, 10 de decembro, para debater o borrador da orde pola que se regula a presentación e a comunicación das reclamacións en materia de servizos sociais. Para Prieto, este era un tema importante, pero non fundamental nin urxente en comparación con outros como a xestión dos servizos sociais durante a Covid 19 ou a reforma do modelo das residencias de maiores.
O Fouce331 vén de saír do prelo ateigado de temas interesantes: Reportaxes sobre o impacto da Covid 19 no sector vinícola e nos mercados labregos, a nova falcatruada da Consellaría de Medio Rural ao excluír máis de 10.000 granxas das axudas para paliar os impactos da pandemia, a campaña do SLG para acadar unha Política Agraria Común que recoñeza a singularidade da Galiza agraria ou os millóns de euros de fondos europeos que perigan por non xestionarse dende a Xunta.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido ao Instituto Nacional de Estatística (INE) pedíndolle que se adíe a realización do Censo Agrario 2020 até que remate o estado de alarma por resultar imposible facelo nos quince días habilitados para tal fin, xa que a súa complexidade obrigará a moitas persoas a ter que recorrer a asesores aos que, en moitos municipios confinados, non poderán acudir.
Dende o Sindicato Labrego Galego asistimos con máxima preocupación a un comezo do curso escolar no que, nin a Xunta de Galicia, nin consellarías responsábeis como Educación ou Sanidade, fixeron os deberes de cara a garantir a saúde da rapazada, do profesorado e das súas familias. No caso dos alumnos e alumnas do rural, asistimos con especial preocupación ás condicións en que se está a realizar o transporte escolar...
O Sindicato Labrego Galego está a facerse eco do malestar que existe en numerosas parroquias do sur de Arzúa polas que discorrerá, con toda probabilidade, o Rally da Auga os días 25 e 26 de setembro. E dicimos con toda probabilidade porque a desinformación e escurantismo por parte do Concello de Arzúa e das entidades organizadoras desta proba do Campionato de España de Rallys de Terra son totais.
O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa indignación diante do apoio que o Banco de España acaba de expresar a Abanca ao desestimar a reclamación contra as súas comisións abusivas. A reclamación foi presentada por unha muller afectada, Yolanda López, avalada con máis de 124.000 sinaturas e apoiada polo Sindicato Labrego Galego e a Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga).
Dende o Sindicato Labrego Galego queremos expresar o noso máis fondo pesar polo pasamento de Carmen González, labrega e activista histórica de La Punta (Valencia), que loitou durante décadas pola defensa da terra. Carmen foi secretaria de organización da COAG do País Valencià e presidenta da asociación La Unificadora, coa que a veciñanza, liderada por mulleres, opuxo unha heroica resistencia contra a tentativa de destruír 700.000 m² de terras agrarias de produción hortícola, alquerías e vivendas para construír unha Zona de Actividades Loxísticas (ZAL) ligada ao Porto de Valencia. Que a terra che sexa leve, compañeira. Seguirás viva en nós coa vida exemplar que nos legaches.
Xa hai tempo que, dende o SLG, estamos a denunciar o desmantelamento dos servizos públicos para asistir a profesión labrega, de competencia autonómica, derivándoos cara á empresa publica estatal Tragsa, cuxo accionariado é, ao 99'8%, da Sociedade Estatal de Investimentos Industriais (Sepi) e da propia administración do Estado.