A concorrencia non competitiva prexudica ás persoas que carecen de equipamento ou con escasa cobertura de rede. O tope máximo de ingresos establecido no Programa Impacto Autónomo 2023 deixaría fóra a case tódalas granxas de carne
O SLG votou en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do 21 de decembro, na que tamén se acadou a revisión de oficio do complemento de alugueiro. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións.
O SLG-CCLL vota en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do pasado mércores 21. Restaura o silencio administrativo, malia ás sentenzas en contra da Xunta, incrementa demoras e non aborda a precariedade.
A denegación a unha muller maior que reside dende 1973 na mesma vivenda apunta discriminación deste colectivo vulnerábel. A vogal do SLG-CCLL no Consello Galego de Benestar Social alerta á Valedora do Pobo da posíbel existencia de máis casos
As organizacións convocantes apelan á unidade para conformar unha forza plural que presione para garantir a protección social. Canda a defensa das pensións públicas, a Sanidade ou o Ensino a mobilización procurará fortalecer o apoio ás demandas do SAF
A Coordenadora Europea Vía Campesina reuniuse do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitrioa. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizaron estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega
Feminismos, alianzas, loitas interseccionais, agroecoloxía e decolonización foron algúns dos eixos dos debates de hoxe. Alertouse do retroceso nos dereitos trans e analizáronse estratexias fronte á desvalorización das mulleres e da mocidade
A Coordenadora Europea Vía Campesina reunirase do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitriona. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizarán estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega
Reivindicamos a recuperación de froiteiras como unha estratexia imprescindíbel para avanzar cara a soberanía alimentaria. Solicitamos a colaboración cidadá para aportar información que facilite a localización e recuperación destas variedades
Case unha trintena de construcións realizadas en terreos e con materiais aportados pola veciñanza, en risco de privatización. Veciñas/os testemuñan que o prego inicial de condicións incluía o dereito á recuperación do terreo e do inmoble pola comunidade
O V Festival Son Labreg@, "Colapsa agora para evitar aglomeracións", terá lugar o 17 de setembro en Visantoña (Santiso). O Concello de Santiso e a Banda-Escola de Música de Visantoña colaboran co Sindicato Labrego Galego nesta edición.
O curso de gandería rexenerativa estase a desenvolver os días 6, 7 e 8 de setembro no local do SLG en Chantada. O 14 de setembro organizarase en Castro de Carballedo unha xornada para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario.
Unha asamblea celebrada este sábado en Loentia confirmou que Directiva e empresa non queren dar información ás comuneiras. A área que presumíbelmente quere acaparar SUREXPORT é empregada arestora para pastos por nove granxas familiares
No Centro Base de Valoracións de Lugo os retrasos para novas valoracións e revisións das presentadas superan os 12 meses. As persoas e familias afectadas afrontan ademais prexuízos administrativos vinculados á non tramitación dos expedientes
Familias en situación de vulnerabilidade ou con persoas maiores, con discapacidade ou dependentes, concorren na quenda xeral. O SLG-CCLL dirixiuse ao Consello Galego de Benestar Social para apelar á modificación da Orde nas vindeiras convocatorias
Xa está na rúa o número 339 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de xullo e agosto. As recentes mobilizacións en demanda de prezos xustos para o agro que tiveron lugar na comarca da Limia, as últimas actualizacións ao respecto da invasión eólica, o seminario internacional "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria" coordenado polo SLG-CCLL en Compostela e a participación en distintas mobilizacións sociais convocadas nestes últimos dous meses son algúns dos temas abordados.
O Sindicato Labrego Galego participará nas mobilizacións convocadas en Santiago de Compostela hoxe, 25 de xullo. Só a soberanía dos pobos pode situar a Vida no centro. Por unha Administración pública ao servizo da cidadanía e non do capital.
A OTAN é a principal multinacional da guerra. A súa función é perpetuar as dinámicas de espolio colonial a favor de occidente. Máis conflictos nos territorios empobrecidos, máis violencia nas pantallas dos territorios enriquecidos: A morte como produto
Demandamos asistencia legal e sanitaria de calidade para as persoas sobrevivintes da brutalidade policial en Melilla. Esiximos ao Goberno español acelerar a identificación das víctimas, garantía de repatriación e reparación ás familias.
“Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada no Centro de Interpretación de Belvís (Compostela). O GT de Migración e Traballo Rural da CEVC prepara dende Galiza unha campaña internacional contra a agroindustria
Acción reivindicativa ás 17.45h. de hoxe, martes 21, nas instalacións de Surexport no Arneiro (Cospeito; Lugo). "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria", xornada aberta, mañá no Centro de Interpretación (Belvís).
Compostela acollerá ao Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordenadora Europea Vía Campesina. Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada aberta, mércores 22 no Centro de Interpretación (Belvís).
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas acollerá dende o vindeiro martes 21 de xuño unha delegación internacional da Coordenadora Europea do movemento labrego mundial La Vía Campesina (CEVC), da que o SLG-CCLL forma parte.
Rexistramos solicitude na Consellaría de Cultura, no marco dunha campaña estatal na que tamén nos diriximos ao Ministerio. Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial da Apicultura, co que a ONU destaca o seu rol fundamental no mantemento da biodiversidade
Unidade de acción para urxir a un cambio de modelo que poña fin á destrución das granxas e garanta a calidade dos alimentos. A Secretaria Xeral do SLG-CCLL animou a sumar forzas para acadar a Soberanía Alimentaria e a Soberanía Enerxética.
Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal. Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade.
A chegada de penso para alimentación animal e a apertura dos matadoiros, urxente para evitar o colapso das granxas galegas. Opoñémonos a respostas curtopracistas que afondan inda máis no modelo capitalista que nos levou á grave situación actual.
As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver saír á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) ten convocado dúas manifestacións: unha no sur, en Cangas do Morrazo, e outra no norte, en Ribadeo.
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas estará este domingo 19 de decembro apoiando a manifestación convocada polas traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares (SAF) ás 12h. con saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.
A principios do mes de marzo por iniciativa da Asociación Ambiental Petón do Lobo e colectivos da Rede Galega Stop Eólicos iniciouse esta petición de ditame dirixida ao Consello da Cultura Galega
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrou hoxe o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro". A gandeira de Lourenzá (Lugo), Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral dende o ano 2012, foi reelixida no seu cargo para o novo período.
O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.
O Sindicato Labrego Galego, integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) participará na manifestación convocada para este sábado 13 de novembro ás 12h en Santiago de Compostela, mobilización que será levada adiante simultaneamente en numerosas capitais de todo o Estado.
Dúas representantes da Rede Galega Stop Eólicos (RGSE), Margarida Prieto Ledo (SLG) e Bruno Centelles (SOS Groba e Instituto de Estudos Miñoráns ), denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela a situación de emerxencia social na que se atopa o noso país diante da invasión eólica da que está a ser obxecto o medio rural galego.
Margarida Prieto Ledo, vogal do Consello Galego de Benestar Social (CGBS) en representación do Sindicato Labrego Galego, denunciou no pleno celebrado na mañá de hoxe a falta de transparencia deste órgano, que rexeitou xa en dúas ocasións atender solicitudes directas de información sobre cuestións como a Lei de Dependencia, o modelo de residencias ou a adxudicación de fondos europeos Next Generation. Logo de que a vogal do SLG reiterara estas solicitudes de información, o CGBS comprometeuse a tratar estes temas no pleno que terá lugar o vindeiro mes de novembro.
O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 17 de outubro en Viveiro convocada polas entrais sindicais de clase na que se vai demandar unha resposta das administracións públicas para frear revertir a dinámica de retroceso económico e laboral que se vive na Mariña.
Solicitamos á Consellaría de Infraestructuras e Mobilidade e á Xefatura Provincial de Lugo a atención inmediata á solicitude das familias das dúas únicas crianzas que collen o bus escolar no barrio de A Casanova – Noche (Terra Chá), que arestora teñen que facelo lonxe das súas casas nun cruce perigoso, malia a que o percorrido do bus pasa por diante das súas casas.
O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións constituíntes da nova Plataforma Galega polos Servizos Públicos de Dependencia (PGSPD) que, de cara a canalizar a demanda social que existe para este sector fundamental nos coidados de persoas maiores e dependentes, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo, 27 de xuño, en Compostela. De seguido, compartimos o manifesto de constitución da PGSPD.
Vimos de recibir o número 334 do Fouce, no que continuamos informando do proceso do X Congreso do SLG, con reportaxes sobre a Asemblea Xeral do Viño e do Congreso de Vacún de Carne. Ademais, publicamos toda a documentación sobre o Congreso do Leite, que se celebrará o vindeiro 11 de xuño no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra). Completamos con informacións sobre a avalancha eólica, a moratoria dos eucaliptos, as últimas xornadas de granxas abertas ou as denuncias sobre o machismo da PAC. E falando de Política Agraria Común, no Editorial adiantamos as últimas novidades que coñecemos na xuntanza co conselleiro de Medio Rural, o 21 de maio, que indican que o Ministerio de Agricultura está trampeando para volver argallar unha PAC do máis lesiva e discriminatoria para Galiza. Se xa queres ler o teu exemplar, descárgao na icona que atoparás no remate desta páxina.
Tralas polémicas xurdidas nas últimas semanas ao redor da mala calidade e escasa sostenibilidade dos servizos de cátering en comedores escolares, e tras quedar deserto o concurso para adxudicar o fornecemento da alimentación dos centros educativos de Compostela, dende o Sindicato Labrego Galego animamos ao Concello de Santiago e ao resto de institucións responsábeis destes servizos na Galiza, especialmente a Xunta, a traballar e conseguir un consenso para que os alimentos mercados pola administración ou por empresas contratadas por ela reúnan unha serie de requisitos como ser cociñados e estar producidos, na medida do posible, no entorno do centro onde se van consumir ou na Galiza; e con criterios de ecoloxía e sostenibilidade nos métodos de cultivo, na súa elaboración e transporte.
Tralas vacacións do verán e ben entrado o outono, temos un novo Fouce na rúa. Desta vez, e como non podía ser menos, boa parte do periódico vai dedicada á crise do sector lácteo e á campaña de mobilizacións que se viviron durante os meses estivais. Ademais, hai textos sobre a vendima, a caída de prezos noutros sectores gandeiros como o da carne de vacún ou o cunícola, a desigualdade no reparto das axudas da PAC, os progresos na redacción dunha Carta de Dereitos Labregos por parte da ONU, ou a chegada a terras galegas da Caravana Feminista organizada pola Marcha Mundial das Mulleres. Estas e outras moitas cuestións no Fouce 309, que podes descargar na icona que atoparás no remate desta páxina.
O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá vén de constatar a duplicidade no cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás fincas da parroquia de Goá (Cospeito) que participaron dun proceso de concentración parcelaria finalizado en 2013, ano en que se escrituraron as parcelas. O caso é que o Concello de Cospeito, responsable desta taxa que cobra a través dos servizos recadatorios da Deputación de Lugo, vén de impoñerlle ás persoas propietarias das fincas, que son máis de 700, o IBI das novas parcelas concentradas e o das antigas fincas antes do proceso de concentración.
O pasado 14 de outubro celebrouse en n'A Arca de Noé, en Vilar de Santos (Ourense), un encontro de labregos e labregas baixo o denominador común da súa mocidade e a intención de (Re)inventar a agricultura e o medio rural. Foi o primeiro dunha serie de encontros en clave de (Re) para pensar, dialogar e soñar de cara a transformar e construír, (Re)construír, a realidade.
O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu apoio e solidariedade coas familias de Xermade que teñen nenos e nenas no centro escolar deste municipio lucense. Tal e como denunciou en reiteradas ocasións a asociación de pais e nais (ANPA), os nenos e nenas de Xermade, tralo recorte de catro profesionais no cadro de persoal da escola, quedaron nunhas condicións moi afastadas de ver cuberto o seu dereito á educación como si acontece con outros nenos e nenas de concellos da contorna. A redución do cadro de persoal do centro prodúcese, precisamente, nun ano no que aumentou o número de alumnos e alumnas con respecto ao curso pasado.
Vilar de Ousón, na parroquia de Cruzul (Becerreá), ten unha soa pista de acceso. Por ela só circulan os vehículos que teñen as cinco familias que aínda viven na aldea, camiñan veciñas e veciños e transitan os rabaños de vacas das poucas granxas que aínda quedan en activo e que foi o medio de vida, xeración tras xeración, das familias que aquí moraron.
A apertada axenda das últimas semanas fixo que esquecésemos nun caixón o último Fouce, o número 308, que se imprimiu o 6 de xullo. Así, cun pouquiño de atraso, compartimos con vós o noso voceiro que desta vez, como non pode ser menos, leva varias páxinas dedicadas ao sector lácteo. Ademais, atoparedes reportaxes en profundidade de Gandería Louzao e Granxas de Lousada, unha análise do desmantelamento da Consellaría de Medio Rural por parte do actual Goberno da Xunta, un texto de presentación da nova responsábel do sector de Horta -Belén Fervenza-, ou como está a impactar o colapso do Banco de Terras na xente moza que quere incorporarse á actividade agraria. Estes temas e moitos máis no Fouce 308. Para descargalo, preme AQUÍ
O Fouce 307, como non podía ser doutro xeito, vén cargado de información referente ao sector lácteo e centrada en dous temas fundamentais: a crise de prezos e a fin do sistema de cotas. Ademais, tamén se dá conta de efemérides coma o 17 de abril ou o 8 de marzo, de eventos como a asemblea xeral da Coordinadora Europea da Vía Campesina ou o Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do SLG e, como non, da actualidade de sectores produtivos como o da pataca, o cunícola, o apícola ou o de horta. E falando deste último, tamén adiantamos un resume do relatorio que se someterá a debate no Congreso de Horta, Froita e Flor do SLG, que se celebrará na parroquia de Tabeirós (A Estrada) o vindeiro 31 de maio. Todo isto e moito máis no Fouce 307. Podes descargalo AQUÍ ou na icona que atoparás no remate desta páxina.
O 20 de abril, representantes de varios colectivos da Terra Chá presentaron no rexistro xeral da Xunta de Galicia en Lugo 1.500 sinaturas pedindo que se manteña operativo ao 100% o centro médico de Muimenta con 1 médico ou médica e 1 ATS no horario de atención habitual do que veu gozando nos últimos anos. A maiores, as persoas que asinaron denuncian a redución do horario de atención neste centro de saúde.
O Fouce 306 chegará esta semana a miles de fogares do noso rural. Se ti tamén queres lelo, podes descargalo en pdf premendo AQUÍ ou na icona que hai ao final desta páxina. Ademais da actualidade do mundo agrario, neste número entrevistamos a Marcos Celeiro para afondar no conflito aberto por Cementos Cosmos en Triacastela; a Xulia Alonso, voceira da Plataforma Galega de Persoas Afectadas pola Hepatite C; e a Emilio Carral e Xoán Carlos Carreira, autores do libro “O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa: o caso galego”.