A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2014

Outras: 2014

  1. A Xunta volta disciminar ás labregas e labregos no acceso a axudas públicas: Programa Impacto Autónomo 2023

    autonomxs23 5 de Xaneiro do 2023 · 

    A concorrencia non competitiva prexudica ás persoas que carecen de equipamento ou con escasa cobertura de rede. O tope máximo de ingresos establecido no Programa Impacto Autónomo 2023 deixaría fóra a case tódalas granxas de carne

  2. O SLG acada o compromiso de revisión de oficio do complemento de alugueiro a unha muller con prestación non contributiva

    Cartaz solucións para as persoas dependentes 27 de Decembro do 2022 · 

    O SLG votou en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do 21 de decembro, na que tamén se acadou a revisión de oficio do complemento de alugueiro. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións

  3. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións

    Marga 23 de Decembro do 2022 · 

    O SLG-CCLL vota en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do pasado mércores 21. Restaura o silencio administrativo, malia ás sentenzas en contra da Xunta, incrementa demoras e non aborda a precariedade. 

  4. Solicitamos a revisión de oficio das denegacións do complemento de alugueiro a persoas con pensións non contributivas

    pensionsnoncontri 17 de Novembro do 2022 · 

    A denegación a unha muller maior que reside dende 1973 na mesma vivenda apunta discriminación deste colectivo vulnerábel. A vogal do SLG-CCLL no Consello Galego de Benestar Social alerta á Valedora do Pobo da posíbel existencia de máis casos

  5. Manifestación 19N en Compostela: Na defensa da vida digna, os servizos públicos e o Estado de Benestar

    RdP19N 16 de Novembro do 2022 · 

    As organizacións convocantes apelan á unidade para conformar unha forza plural que presione para garantir a protección social. Canda a defensa das pensións públicas, a Sanidade ou o Ensino a mobilización procurará fortalecer o apoio ás demandas do SAF

  6. Finaliza o Encontro europeo das articulacións de diversidades e mulleres da CEVC na Guarda

    Grupo_CEVC 4 de Novembro do 2022 · 

    A Coordenadora Europea Vía Campesina reuniuse do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitrioa. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizaron estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega

  7. Segunda xornada do encontro das articulacións de mulleres e diversidades da CEVC

    aguarda021122 2 de Novembro do 2022 · 

    Feminismos, alianzas, loitas interseccionais, agroecoloxía e decolonización foron algúns dos eixos dos debates de hoxe. Alertouse do retroceso nos dereitos trans e analizáronse estratexias fronte á desvalorización das mulleres e da mocidade

  8. Encontro europeo das articulacións de diversidades e mulleres da CEVC na Guarda (Pontevedra)

    cevc 1 de Novembro do 2022 · 

    A Coordenadora Europea Vía Campesina reunirase do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitriona. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizarán estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega

  9. “Froiteiras de Noso” Campaña de recuperación de froiteiras autóctonas na provincia de Lugo

    FroiteirasDeNoso 25 de Outubro do 2022 · 

    Reivindicamos a recuperación de froiteiras como unha estratexia imprescindíbel para avanzar cara a soberanía alimentaria. Solicitamos a colaboración cidadá para aportar información que facilite a localización e recuperación destas variedades

  10. O SLG insta ao concello da Fonsagrada a recoñecer a propiedade da veciñanza sobre 29 escolas unitarias

    Afonsagrada 28 de Septembro do 2022 · 

    Case unha trintena de construcións realizadas en terreos e con materiais aportados pola veciñanza, en risco de privatización. Veciñas/os testemuñan que o prego inicial de condicións incluía o dereito á recuperación do terreo e do inmoble pola comunidade

  11. O V Festival Son Labreg@ celebrarase en Visantoña e xirará arredor da crise enerxética

    V Son Labreg@ 9 de Septembro do 2022 · 

    O V Festival Son Labreg@, "Colapsa agora para evitar aglomeracións", terá lugar o 17 de setembro en Visantoña (Santiso). O Concello de Santiso e a Banda-Escola de Música de Visantoña colaboran co Sindicato Labrego Galego nesta edición. 

  12. O SLG organiza en Chantada dúas actividades formativas no sector gandeiro e agrario

    Curso con Antonio Tucci 7 de Septembro do 2022 · 

    O curso de gandería rexenerativa estase a desenvolver os días 6, 7 e 8 de setembro no local do SLG en Chantada. O 14 de setembro organizarase en Castro de Carballedo unha xornada para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario.

  13. Falla de transparencia nas manobras da agroindustria SUREXPORT pra facerse con terras das CMVMC

    loentia2 30 de Agosto do 2022 · 

    Unha asamblea celebrada este sábado en Loentia confirmou que Directiva e empresa non queren dar información ás comuneiras. A área que presumíbelmente quere acaparar SUREXPORT é empregada arestora para pastos por nove granxas familiares

  14. Instamos ao C.G. de Benestar a actuar fronte as demoras na tramitación dos servizos de dependencia e discapacidade

    Dependencia 22 de Agosto do 2022 · 

    No Centro Base de Valoracións de Lugo os retrasos para novas valoracións e revisións das presentadas superan os 12 meses. As persoas e familias afectadas afrontan ademais prexuízos administrativos vinculados á non tramitación dos expedientes

  15. Solicitamos a priorización de tódalas familias “de especial consideración” na adxudicación de servizos de tempo libre

    NdP160822 16 de Agosto do 2022 · 

    Familias en situación de vulnerabilidade ou con persoas maiores, con discapacidade ou dependentes, concorren na quenda xeral. O SLG-CCLL dirixiuse ao Consello Galego de Benestar Social para apelar á modificación da Orde nas vindeiras convocatorias

  16. Fouce 339

    Fouce339 5 de Agosto do 2022 · 

    Xa está na rúa o número 339 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de xullo e agosto. As recentes mobilizacións en demanda de prezos xustos para o agro que tiveron lugar na comarca da Limia, as últimas actualizacións ao respecto da invasión eólica, o seminario internacional "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria" coordenado polo SLG-CCLL en Compostela e a participación en distintas mobilizacións sociais convocadas nestes últimos dous meses son algúns dos temas abordados.

  17. 25 Xullo, Día da Patria Galega: Soberanía para facer fronte á violencia do capitalismo neoliberal

    limia 25 de Xullo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego participará nas mobilizacións convocadas en Santiago de Compostela hoxe, 25 de xullo. Só a soberanía dos pobos pode situar a Vida no centro. Por unha Administración pública ao servizo da cidadanía e non do capital.

  18. OTAN: Gastar o erario público en armas, asasinar, ensinárnolo pola TV, manipularnos co medo e mercar máis armas cos nosos cartos

    OTANNON290622 29 de Xuño do 2022 · 

    A OTAN é a principal multinacional da guerra. A súa función é perpetuar as dinámicas de espolio colonial a favor de occidente. Máis conflictos nos territorios empobrecidos, máis violencia nas pantallas dos territorios enriquecidos: A morte como produto

  19. Migrantes atacados polos gobernos nas fronteiras: racismo institucional ao servizo do capitalismo neoliberal

    Melilla240622 27 de Xuño do 2022 · 

    Demandamos asistencia legal e sanitaria de calidade para as persoas sobrevivintes da brutalidade policial en Melilla. Esiximos ao Goberno español acelerar a identificación das víctimas, garantía de repatriación e reparación ás familias.

  20. Destrución agroindustrial: acapara terras, contamina augas, escraviza persoas, aniquila o medio rural vivo

    agroecoloxíaoubarbarie 22 de Xuño do 2022 · 

    Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada no Centro de Interpretación de Belvís (Compostela). O GT de Migración e Traballo Rural da CEVC prepara dende Galiza unha campaña internacional contra a agroindustria

  21. O SLG coordina a elaboración dunha campaña europea contra a explotación agroindustrial

    Durante a rolda de prensa 21 de Xuño do 2022 · 

    Acción reivindicativa ás 17.45h. de hoxe, martes 21, nas instalacións de Surexport no Arneiro (Cospeito; Lugo). "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria", xornada aberta, mañá no Centro de Interpretación (Belvís).

  22. Un grupo de traballo internacional convocado polo SLG analizará os abusos da agroindustria no medio rural

    agroecololoxiaoubarbarie 17 de Xuño do 2022 · 

    Compostela acollerá ao Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordenadora Europea Vía Campesina. Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada aberta, mércores 22 no Centro de Interpretación (Belvís).

  23. “Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”

    CEVC 17 de Xuño do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas acollerá dende o vindeiro martes 21 de xuño unha delegación internacional da Coordenadora Europea do movemento labrego mundial La Vía Campesina (CEVC), da que o SLG-CCLL forma parte.

  24. Demandamos compromiso institucional para declarar a Apicultura Patrimonio Inmaterial da Humanidade

    apiculturapatrimonio 19 de Maio do 2022 · 

    Rexistramos solicitude na Consellaría de Cultura, no marco dunha campaña estatal na que tamén nos diriximos ao Ministerio. Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial da Apicultura, co que a ONU destaca o seu rol fundamental no mantemento da biodiversidade

  25. Centos de tractores esixen nas rúas de Xinzo medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

    xinzotractorada250322 25 de Marzo do 2022 · 

    Unidade de acción para urxir a un cambio de modelo que poña fin á destrución das granxas e garanta a calidade dos alimentos. A Secretaria Xeral do SLG-CCLL animou a sumar forzas para acadar a Soberanía Alimentaria e a Soberanía Enerxética.

  26. Campaña para esixir a convocatoria inmediata do GABINETE DE CRISE da Xunta de Galicia

    gabinete de crise xa! 24 de Marzo do 2022 · 
    Hoxe procedeuse ao rexistro de solicitudes oficiais en Compostela, Ordes, A Estrada, Betanzos, Lugo, Chantada e Xinzo. Activamos en redes sociais a campaña #GabineteDeCriseXA! protagonizada pola afiliación do Sindicato Labrego Galego.
  27. Produtoras/es da Limia propoñen en Xinzo 20 medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

    mani xinzo 22 de Marzo do 2022 · 

     Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal. Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade.

  28. Esiximos ao Goberno central e galego atender as reivindicacións do transporte e garantir servizos mínimos

    SA xa 16 de Marzo do 2022 · 

    A chegada de penso para alimentación animal e a apertura dos matadoiros, urxente para evitar o colapso das granxas galegas. Opoñémonos a respostas curtopracistas que afondan inda máis no modelo capitalista que nos levou á grave situación actual.

  29. Apoio ás mobilizacións convocadas por MODEPEN para o sábado 12F

    mobilizacións MODEPEN 9 de Febreiro do 2022 · 

    As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver saír á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) ten convocado dúas manifestacións: unha no sur, en Cangas do Morrazo, e outra no norte, en Ribadeo.

  30. Apoio ás traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares

    saf 17 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas estará este domingo 19 de decembro apoiando a manifestación convocada polas traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares (SAF) ás 12h. con saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.

     

  31. A Rede Galega STOP Eólicos (RGSE) sauda o informe sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais do Consello da Cultura Galega

    ConselloCulturaGAl 17 de Decembro do 2021 · 

    A principios do mes de marzo por iniciativa da Asociación Ambiental Petón do Lobo e colectivos da Rede Galega Stop Eólicos iniciouse esta petición de ditame dirixida ao Consello da Cultura Galega

  32. O SLG-CCLL reafírmase no seu X Congreso como unha ferramenta esencial de loita polos dereitos labregos e sociais

    IsabelVilalbaXCongreso 12 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrou hoxe o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro". A gandeira de Lourenzá (Lugo), Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral dende o ano 2012, foi reelixida no seu cargo para o novo período.

  33. O SLG apoia a Folga Xeral comarcal na Mariña

    folga xeral mariña 17 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.

  34. MANIFESTACIÓN 13N Compostela: polo fin dos recortes nas pensións públicas e contra os Plans de Pensión Privados de Empresa

    MODEPEN 13N 10 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) participará na manifestación convocada para este sábado 13 de novembro ás 12h en Santiago de Compostela, mobilización que será levada adiante simultaneamente en numerosas capitais de todo o Estado.

  35. A Rede Galega Stop Eólicos declara a situación de emerxencia social ante a INVASIÓN EÓLICA do medio rural

    MapaInvasiónEólica 20 de Outubro do 2021 · 

    Dúas representantes da Rede Galega Stop Eólicos (RGSE), Margarida Prieto Ledo (SLG) e Bruno Centelles (SOS Groba e Instituto de Estudos Miñoráns ), denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela a situación de emerxencia social na que se atopa o noso país diante da invasión eólica da que está a ser obxecto o medio rural galego.

  36. Acadamos o compromiso do CGBS de informar sobre o novo modelo de residencias, SAAD e fondos Next Generation

    cgbs 19 de Outubro do 2021 · 

    Margarida Prieto Ledo, vogal do Consello Galego de Benestar Social (CGBS) en representación do Sindicato Labrego Galego, denunciou no pleno celebrado na mañá de hoxe a falta de transparencia deste órgano, que rexeitou xa en dúas ocasións atender solicitudes directas de información sobre cuestións como a Lei de Dependencia, o modelo de residencias ou a adxudicación de fondos europeos Next Generation. Logo de que a vogal do SLG reiterara estas solicitudes de información, o CGBS comprometeuse a tratar estes temas no pleno que terá lugar o vindeiro mes de novembro.

  37. O Sindicato Labrego Galego apoia a mobilización comarcal en demanda de “Futuro para a Mariña”

    manifestación a mariña 17 out 16 de Outubro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 17 de outubro en Viveiro convocada polas entrais sindicais de clase na que se vai demandar unha resposta das administracións públicas para frear  revertir a dinámica de retroceso económico e laboral que se vive na Mariña.

  38. A Xefatura Provincial de Lugo tira dun Decreto de 1986 para non atender as necesidades do transporte escolar rural

    ParadaActualCruce 19 de Agosto do 2021 · 

    Solicitamos á Consellaría de Infraestructuras e Mobilidade e á Xefatura Provincial de Lugo a atención inmediata á solicitude das familias das dúas únicas crianzas que collen o bus escolar no barrio de A Casanova – Noche (Terra Chá), que arestora teñen que facelo lonxe das súas casas nun cruce perigoso, malia a que o percorrido do bus pasa por diante das súas casas.

  39. 27 de xuño: Manifestación en defensa duns servizos públicos dignos de atención á dependencia na Galiza

    Plataforma Servizos Públicos Dependencia 21 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións constituíntes da nova Plataforma Galega polos Servizos Públicos de Dependencia (PGSPD) que, de cara a canalizar a demanda social que existe para este sector fundamental nos coidados de persoas maiores e dependentes, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo, 27 de xuño, en Compostela. De seguido, compartimos o manifesto de constitución da PGSPD.

  40. As últimas novidades sobre o proceso do X Congreso do SLG ou da Política Agraria Común no Fouce 334

    Portada Fouce 334 25 de Maio do 2021 · 

    Vimos de recibir o número 334 do Fouce, no que continuamos informando do proceso do X Congreso do SLG, con reportaxes sobre a Asemblea Xeral do Viño e do Congreso de Vacún de Carne. Ademais, publicamos toda a documentación sobre o Congreso do Leite, que se celebrará o vindeiro 11 de xuño no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra). Completamos con informacións sobre a avalancha eólica, a moratoria dos eucaliptos, as últimas xornadas de granxas abertas ou as denuncias sobre o machismo da PAC. E falando de Política Agraria Común, no Editorial adiantamos as últimas novidades que coñecemos na xuntanza co conselleiro de Medio Rural, o 21 de maio, que indican que o Ministerio de Agricultura está trampeando para volver argallar unha PAC do máis lesiva e discriminatoria para Galiza. Se xa queres ler o teu exemplar, descárgao na icona que atoparás no remate desta páxina.

  1. Cendán e Vilalba no 29N

    29N/Marchas da Dignidade: Polo teito, o traballo e o dereito a producir o pan das galegas e dos galegos

    30 de Novembro do 2014 · 

    As Marchas da Dignidade volvemos mobilizar unha parte importante da sociedade galega, a daquelas cidadás e aqueles cidadáns que nos estamos a rebelar contra a versión máis inhumana e salvaxe do neoliberalismo coa que nos tentan xunguir dende diversas administracións e gobernos. Todo en nome dunha terxiversada e asasina austeridade coa que non estamos dispostos e dispostas a comungar.

  2. Ocupa o Obradoiro

    29N: O SLG convoca aos labregos e labregas de Galiza para ocupar o Obradoiro en demanda de traballo, teito e o dereito a producirmos o pan dos galegos e das galegas

    27 de Novembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a ocupación da praza do Obradoiro este sábado, 29 de novembro, por parte das Marchas da Dignidade, movemento cívico do que formamos parte; e convoca aos labregos e ás labregas de Galiza a apoiar esta mobilización contra as políticas neoliberais e de recortes dos gobernos que nos afectan a todos e a todas.

  3. Cabeceira Fouce 304

    Alianzas por un mundo rural vivo na portada do Fouce 304

    21 de Novembro do 2014 · 

    O Fouce 304 correspondente aos meses de setembro e outubro está a piques de chegar ás casas. Desta vez, destacamos en portada tres eventos que tiveron como escenario de celebración a nosa Galiza e serviron para reforzar as nosas alianzas: o Seminario de Agroecoloxía feito con compañeiros e compañeiras de toda Europa para analizar novos xeitos de achegar os alimentos á cidadanía, o IX Foro por un Mundo Rural Vivo e o II Encontro sobre os Impactos da Minaría na Galiza. 

  4. Portada 303

    A actualidade do agro e do medio rural no Fouce 303!

    1 de Outubro do 2014 · 

    Xa podedes descargar o Fouce 303 dende a web do Sindicato Labrego Galego. Neste número atoparedes interesantes reportaxes sobre o impacto do veto ruso en Galiza, a avespa velutina ou o asedio do exército israelí á agricultura palestina; a actualidade da loita contra a minaría salvaxe ou de sectores produtivos como o da horta, a pataca, o viño ou o leite; a análise do Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020; ou entrevistas a Sofía Carballido Mugico,unha moza labrega que deixou a oficina pola terra, ou a David Vásconez Pueyo, vocal do consello reitor da Cooperativa de Consumo Árbore e unha das persoas implicadas en impulsar o que podería ser o primeiro sistema participativo de garantía no noso país. Iso e moito máis nas páxinas do Fouce!

  5. Mercado de alimentos

    O SLG celebra un seminario europeo para fomentar os circuítos curtos de comercialización dos produtos labregos

    25 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrará, do 26 ao 29 de setembro, un seminario europeo para analizar de que xeito se poden facer máis accesibles os alimentos que producen os labregos e labregas á cidadanía.

  6. Interior autobús

    O SLG denuncia diante da Educación os prexuízos por mor do atraso nas autorizacións do transporte escolar en Lugo

    22 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego rexistrou, o 19 de setembro, un escrito diante da delegación territorial en Lugo da Consellaría de Educación no que denunciaba a demora na concesión de autorizacións de transporte escolar para o alumnado de BAC que viaxa cos rapaces e rapazas da ESO, e os graves prexuízos que isto está a causar a moitas familias.

  7. Estación da Pontraga

    O SLG de Ordes celebra este venres a décima edición da Romaría por un mundo rural vivo

    10 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego da comarca de Ordes celebrará este venres, 12 de setembro, a súa décima edición da Romaría por un mundo rural vivo. Nesta ocasión, o lugar de celebración será a antiga estación ferroviaria da Pontraga, en Tordoia (está na estrada que une Ordes con Trazo, a CP-5903. Para chegarmos á estación, temos que saír da capital comarcal por esta vía, e virar á esquerda a 4,5 quilómetros, tras pasar o Bar Che, collendo a estrada DP-5901).

  8. Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo

    O Sindicato Labrego Galego apoia as demandas da Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo

    15 de Xullo do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia as demandas da Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo e as de tódolos movementos reivindicativos que están a xurdir na provincia de Ourense e no resto da Galiza para defender os xulgados que prevé suprimir a Lei Orgánica do Poder Xudicial.

  9. Fouce 302

    O Fouce 302 xa anda polas corredoiras: a voz da Galiza labrega a un golpe de rato

    7 de Xullo do 2014 · 

    Co verán, chega unha nova entrega do Fouce, o 302. Desta vez, destaca na portada que a Vía Campesina acadase do Consello de Dereitos Humanos da ONU a continuidade no proceso de elaboración dunha Declaración Universal dos Dereitos Labregos. Ademais, afondamos noutras cuestións como a preocupante actualidade do sector lácteo, os cambios normativos que se aveciñan no sector vitivinícola ou a reforma xudicial e supresión dos rexistros civís.

  10. Cabeceira Fouce

    O Fouce 301 xa circula polas vilas e parroquias da Galiza

    22 de Maio do 2014 · 

     

    O Fouce 301 xa anda circulando polas parroquias e vilas de Galiza. A portada deste 301 está dedicada a novas e crónicas que nos enchen de esperanza, como a chegada a bo porto da loita das sete explotacións que denunciaron a Lácteos Tambre por impagos, a asemblea da Coordinadora Europea da Vía Campesina en Evenstad (Noruega), o Encontro Anual de Mulleres do SLG, as Marchas da Dignidade ou a celebración do Día Internacional da Loita Labrega. Outras son preocupantes, como os primeiros indicios do que podería ser unha nova crise no sector lácteo galego, as negociacións secretas para crear unha área de libre comercio transatlántica ou as novas lexislacións ultraliberais en materia de solo e administración local. Iso e moito máis no Fouce 301, que podes descargar en pdf premendo AQUÍ.

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte