A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2011

Outras: 2011

  1. Non hai imaxe

    O Fouce 287 xa está na rúa

    27 de Xuño do 2011 · 

    O novo Fouce vén de saír do prelo. Entre as novas detacadas que contén: accións contra a forestación de terras agrarias; denuncia dos atrasos, impagos e desvíos de fondos do PDR 2007-2013; Lácteos Tambre nos Xulgados; as explotacións galegas contra as cordas polos danos da fauna salvaxe; novas análises de informes sobre a PAC 2013, dos seguros sanitarios privados e da nova Lei de Montes; ou a crónica do acto de entrega do Pedrón de Ouro a Lidia Senra Rodríguez, entre outros.

  2. Ana Rodríguez e Carme Freire

    O SLG esixe a convocatoria e pagamento de varias liñas de axuda do Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013

    6 de Xuño do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e a responsábel de Desenvolvemento Rural na mesma organización, Ana Rodríguez, ofreceron, o 6 de xuño, unha rolda de prensa para denunciar o impago, atraso e posible desaparición de numerosas axudas vinculadas ao Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013 (PDR). 

  3. Lidia Senra

    O Pedrón de Ouro 2011 recoñece a traxectoria de Lidia Senra e o papel das mulleres labregas na historia de Galiza

    29 de Maio do 2011 · 

    A Fundación do Pedrón de Ouro decidiu outorgarlle a súa máxima distinción á nosa secretaria de organización, Lidia Senra, en recoñecemento a toda unha vida de loita a prol do rural galego e tamén como símbolo de visibilización das mulleres labregas deste país. Lidia compartiu recoñecementos co profesor e a profesora, Andrés Pociña e Aurora López, aos que se lles concedeu o Pedrón de Honra. De seguido, publicamos o texto de recoñecemento do Padroado do Pedrón de Ouro a Lidia Senra:

  4. Non hai imaxe

    O Fouce 286 xa está na rúa

    12 de Maio do 2011 · 

    Correspondente aos meses de abril e maio, o Fouce 286 vén de saír do prelo. Temas como a loita contra a Lei de Augas, o real decreto lácteo ou as crónicas dos congresos da pataca, do leite e da horta ocupan as súas páxinas...

  5. Non hai imaxe

    O Sindicato Labrego inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra o traslado da oficina agraria comarcal da Estrada

    9 de Maio do 2011 · 

    Sindicato Labrego Galego vén de pór en marcha unha campaña de recollida de sinaturas na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, dirixida a impedir que a Consellaría de Medio Rural leve para adiante o traslado da sede da oficina agraria comarcal do seu domicilio actual, na praza do Mercado, no centro urbano da Estrada; ás instalacións da Fundación Comarcal, nos arrabaldes da vila estradense.


  6. Presentación en Vilalba

    Tareixa Ledo Regal levou á Terra Chá o seu libro sobre Lidia Senra Rodríguez

    28 de Abril do 2011 · 

    Tareixa Ledo Regal presentou, o 28 de abril, en Vilalba, ante medio cento de persoas, o seu libro “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”, de Edicións Laiovento. Trátase dunha obra na que se recorre á figura da que fora secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego durante 18 anos, Lidia Senra, que tamén estivo no acto xunto á súa sucesora nesta responsabilidade, Carme Freire, para explicar un xeito distinto de liderar as organizacións sociais.

  7. Publico Lugo

    Tareixa Ledo Regal presentou o seu libro sobre Lidia Senra Rodríguez en Lugo nun emotivo acto xunto a varias xeracións de afiliados e afiliadas do SLG

    15 de Abril do 2011 · 

    Tareixa Ledo Regal presentou, o 15 de abril, en Lugo, ante un cento de persoas, o seu libro “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”, de Edicións Laiovento. Trátase dunha obra na que se recorre á figura da que fora secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego durante 18 anos, Lidia Senra, que tamén estivo no acto xunto á súa sucesora nesta responsabilidade, Carme Freire, para explicar un xeito distinto de liderar as organizacións sociais.

  8. Non hai imaxe

    A suba da electricidade anunciada polo Goberno porá contra as cordas ás explotacións agrogandeiras de Galiza

    31 de Marzo do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu rexeitamento á nova suba da electricidade que se aplicará a partir de 1 de abril, superior ao 10% na tarifa, e que afectará a aqueles contratos da modalidade “mercado libre” e aos da “tarifa de último recurso (TUR)” que teñan unha potencia contratada de 10 Kw ou máis. Dado que o meirande das explotacións están obrigadas a ter unha potencia eléctrica superior á devandita, sufrirán unha nova suba do recibo da luz; e as que non teñan esa potencia contratada, xa padeceron unha suba do 9’8% a comezos de ano. O prezo da electricidade incrementouse máis do 60% dende a liberalización do sector en 2008.

  9. Non hai imaxe

    O Sindicato Labrego Galego completou esta semana a súa rolda de contactos cos partidos políticos con xuntanzas co BNG e o PSOE

    11 de Febreiro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego reuniuse o xoves, 10 de febreiro, co BNG; e o venres, 11 de febreiro, co PSOE. No primeiro dos encontros, a secretaria xeral do SLG, Carme Freire, falou co responsábel de acción municipal do Bloque, Manuel Antelo, e a secretaria de organización, Montse Prado. En canto á xuntanza cos socialistas, Manuel Docampo acompañou a Freire nun encontro ao que acudiron o secretario de organización, Pablo García, a voceira de agricultura no Parlamento, Sonia Verdes, e Mar Barcón. Estas reunións sumáronse ás realizadas a semana pasada co Partido Popular e Esquerda Unida.

  10. Folga xeral

    O SLG apoiou a folga xeral do 27 de xaneiro en defensa dos intereses dos labregos e das labregas

    27 de Xaneiro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego (SLG) apoiou a folga xeral do 27 de xaneiro, convocada pola Confederación Intersindical Galego (CIG). Desta maneira, o SLG expresou o seu máis firme rexeitamento á reforma das pensións e recortes sociais que vai levar adiante o Goberno Central e que prexudicarán, en especial, aos labregos e ás labregas.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. Seguinte