A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O Fouce da Covid19 xa está no prelo

O Fouce da Covid19 xa está no prelo

20 de Xullo do 2020

Fouce 330

Este ano, debido ao estado de alarma decretado pola Covid-19, tivemos que deixar no caixón o Fouce 330, que xa tiñamos rematado e listo para enviar ao prelo. Unha vez retornamos a esta anormal normalidade na que seguimos, coa maior parte das novas e textos obsoletos, tivemos que comezar case de cero o número. Con medio ano de atraso, chega o Fouce 330 que, obviamente, vira ao redor da pandemia e do seu forte impacto no agro; destacamos, neste senso, as reflexións a catro voces que fan catro mozos e mozas labreg@s na contraportada e na sección de Mocidade. Ademais, tratamos outros temas de interese como a nova estratexia da PAC “Do campo á mesa” ou o decreto que medio regula a artesanía alimentaria na Galiza. Podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina.

Fouce 330

Ficheiro adxunto