A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. As crónicas do III Foro de Agroecoloxía e do II Festival Son Labreg@, ou a campaña da fauna salvaxe, no Fouce 322

As crónicas do III Foro de Agroecoloxía e do II Festival Son Labreg@, ou a campaña da fauna salvaxe, no Fouce 322

14 de Novembro do 2018

Fouce 322

O Fouce 322, correspondente aos meses de setembro e outubro, xa está impreso. Nel poderás atopar amplas reportaxes sobre o III Foro Labrego de Agroecoloxía ou o II Festival Son Labreg@. No centro da portada, a campaña que fixemos dende o Sindicato Labrego para denunciar o desamparo das granxas diante dos ataques da fauna salvaxe e a pasividade da Xunta. E, en primeira persoa, fixémoslle unha completa entrevista a Vítor Fernández, un mozo chantadino que nos fala dun xeito de traballar na súa granxa de leite no que menos é máis. A maiores, tamén falamos de saneamento gandeiro, do paquete lácteo, das últimas novas ao redor da vendima, a Declaración de Dereitos Labregos, unha unidade didáctica para coñecer máis a fondo os transxénicos, etc. Podes descargar o teu exemplar na icona que atoparás ao remate desta páxina.

Portada Fouce 322

Ficheiro adxunto