A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O SLG publica o último Fouce antes de que desapareza o sistema de cotas e nun momento crucial para o sector lácteo

O SLG publica o último Fouce antes de que desapareza o sistema de cotas e nun momento crucial para o sector lácteo

2 de Marzo do 2015

Fouce 306

O Fouce 306 chegará esta semana a miles de fogares do noso rural. Se ti tamén queres lelo, podes descargalo en pdf premendo AQUÍ ou na icona que hai ao final desta páxina. Ademais da actualidade do mundo agrario, neste número entrevistamos a Marcos Celeiro para afondar no conflito aberto por Cementos Cosmos en Triacastela; a Xulia Alonso, voceira da Plataforma Galega de Persoas Afectadas pola Hepatite C; e a Emilio Carral e Xoán Carlos Carreira, autores do libro “O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa: o caso galego”.

Tamén afondamos en cuestións como o incremento dos ataques dos lobos sobre o gando, o forte impacto ecolóxico da gandería industrial practicada por Coren na Limia, ou as últimas novas relacionadas cun sector lácteo que está a atravesar unha difícil conxuntura e a dous meses da desaparición do sistema de cotas.

Portada 306

Ficheiro adxunto