Dende 2021 vimos denunciando o incumprimento dos ratios de traballadoras e as graves consecuencias para as usuarias. A situación é xa insostíbel dende fai meses, chegando a haber só 7 traballadoras para coidar e atender a 157 persoas dependentes
Defendemos a utilidade das pizarras do Navia como reguladoras do cauce hídrico e conservadoras da biodiversidade do río. Dirixirémonos á Confederación do Cantábrico para solicitar que faga pública a información ao respecto de posíbeis actuacións
Como alertamos dende o SLG-CCLL, a esixencia de beneficios por riba dos 10.000€ deixou fóra a case tódalas granxas de carne. As granxas que conseguiron acceder non dispoñen dun encaixe técnico que permita documentar correctamente a súa tributación
O mercado semanal de San Agustín é un dos poucos puntos de venda onde poder acceder a alimentos frescos ecolóxicos. O Sindicato Labrego Galego vén de solicitar unha xuntanza co concello da Coruña para tratar de reverter esta situación
Ao contrario da celeridade para facilitar megaurbanizacións, o Concello mantén bloqueada a solicitude de Abraira dende o 2019. Este sábado 4 participaremos na concentración de apoio que terá lugar ás 20h. diante da Delegación do Goberno (A Coruña)
O texto foi rexeitado con 13 abstencións e cinco votos en contra dos 27 emitidos
O SLG-CCLL organización gañadora no Condado, segunda en Valdeorras e terceira máis votada en Carne de Vacún de Galicia. Loitaremos pola defensa das pequenas e medianas granxas como garantía dun medio rural vivo e unha alimentación saudábel
O SLG-CCLL preséntase este domingo 19 ás eleccións dos Consellos Reguladores e Indicacións Xeográficas Protexidas. O SLG conta co aval de ser unha organización labrega cunha traxectoria histórica de loita sempre a carón das produtoras/es
A vogal do SLG no Consello Galego de Benestar solicitou a revisión do caso dunha perceptora de pensión non contributiva. Demandamos a revisión dos expedientes de persoas en situación de vulnerabilidade á que se teña negado a axuda para alugueiro
A concorrencia non competitiva prexudica ás persoas que carecen de equipamento ou con escasa cobertura de rede. O tope máximo de ingresos establecido no Programa Impacto Autónomo 2023 deixaría fóra a case tódalas granxas de carne
O SLG votou en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do 21 de decembro, na que tamén se acadou a revisión de oficio do complemento de alugueiro. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións.
O SLG-CCLL vota en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do pasado mércores 21. Restaura o silencio administrativo, malia ás sentenzas en contra da Xunta, incrementa demoras e non aborda a precariedade.
A denegación a unha muller maior que reside dende 1973 na mesma vivenda apunta discriminación deste colectivo vulnerábel. A vogal do SLG-CCLL no Consello Galego de Benestar Social alerta á Valedora do Pobo da posíbel existencia de máis casos
As organizacións convocantes apelan á unidade para conformar unha forza plural que presione para garantir a protección social. Canda a defensa das pensións públicas, a Sanidade ou o Ensino a mobilización procurará fortalecer o apoio ás demandas do SAF
A Coordenadora Europea Vía Campesina reuniuse do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitrioa. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizaron estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega
Feminismos, alianzas, loitas interseccionais, agroecoloxía e decolonización foron algúns dos eixos dos debates de hoxe. Alertouse do retroceso nos dereitos trans e analizáronse estratexias fronte á desvalorización das mulleres e da mocidade
A Coordenadora Europea Vía Campesina reunirase do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitriona. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizarán estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega
Reivindicamos a recuperación de froiteiras como unha estratexia imprescindíbel para avanzar cara a soberanía alimentaria. Solicitamos a colaboración cidadá para aportar información que facilite a localización e recuperación destas variedades
Case unha trintena de construcións realizadas en terreos e con materiais aportados pola veciñanza, en risco de privatización. Veciñas/os testemuñan que o prego inicial de condicións incluía o dereito á recuperación do terreo e do inmoble pola comunidade
O V Festival Son Labreg@, "Colapsa agora para evitar aglomeracións", terá lugar o 17 de setembro en Visantoña (Santiso). O Concello de Santiso e a Banda-Escola de Música de Visantoña colaboran co Sindicato Labrego Galego nesta edición.
O curso de gandería rexenerativa estase a desenvolver os días 6, 7 e 8 de setembro no local do SLG en Chantada. O 14 de setembro organizarase en Castro de Carballedo unha xornada para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario.
Unha asamblea celebrada este sábado en Loentia confirmou que Directiva e empresa non queren dar información ás comuneiras. A área que presumíbelmente quere acaparar SUREXPORT é empregada arestora para pastos por nove granxas familiares
No Centro Base de Valoracións de Lugo os retrasos para novas valoracións e revisións das presentadas superan os 12 meses. As persoas e familias afectadas afrontan ademais prexuízos administrativos vinculados á non tramitación dos expedientes
Familias en situación de vulnerabilidade ou con persoas maiores, con discapacidade ou dependentes, concorren na quenda xeral. O SLG-CCLL dirixiuse ao Consello Galego de Benestar Social para apelar á modificación da Orde nas vindeiras convocatorias
Xa está na rúa o número 339 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de xullo e agosto. As recentes mobilizacións en demanda de prezos xustos para o agro que tiveron lugar na comarca da Limia, as últimas actualizacións ao respecto da invasión eólica, o seminario internacional "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria" coordenado polo SLG-CCLL en Compostela e a participación en distintas mobilizacións sociais convocadas nestes últimos dous meses son algúns dos temas abordados.
O Sindicato Labrego Galego participará nas mobilizacións convocadas en Santiago de Compostela hoxe, 25 de xullo. Só a soberanía dos pobos pode situar a Vida no centro. Por unha Administración pública ao servizo da cidadanía e non do capital.
A OTAN é a principal multinacional da guerra. A súa función é perpetuar as dinámicas de espolio colonial a favor de occidente. Máis conflictos nos territorios empobrecidos, máis violencia nas pantallas dos territorios enriquecidos: A morte como produto
Demandamos asistencia legal e sanitaria de calidade para as persoas sobrevivintes da brutalidade policial en Melilla. Esiximos ao Goberno español acelerar a identificación das víctimas, garantía de repatriación e reparación ás familias.
“Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada no Centro de Interpretación de Belvís (Compostela). O GT de Migración e Traballo Rural da CEVC prepara dende Galiza unha campaña internacional contra a agroindustria
Acción reivindicativa ás 17.45h. de hoxe, martes 21, nas instalacións de Surexport no Arneiro (Cospeito; Lugo). "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria", xornada aberta, mañá no Centro de Interpretación (Belvís).
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas acollerá dende o vindeiro martes 21 de xuño unha delegación internacional da Coordenadora Europea do movemento labrego mundial La Vía Campesina (CEVC), da que o SLG-CCLL forma parte.
Compostela acollerá ao Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordenadora Europea Vía Campesina. Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada aberta, mércores 22 no Centro de Interpretación (Belvís).
Rexistramos solicitude na Consellaría de Cultura, no marco dunha campaña estatal na que tamén nos diriximos ao Ministerio. Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial da Apicultura, co que a ONU destaca o seu rol fundamental no mantemento da biodiversidade
Unidade de acción para urxir a un cambio de modelo que poña fin á destrución das granxas e garanta a calidade dos alimentos. A Secretaria Xeral do SLG-CCLL animou a sumar forzas para acadar a Soberanía Alimentaria e a Soberanía Enerxética.
Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal. Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade.
A chegada de penso para alimentación animal e a apertura dos matadoiros, urxente para evitar o colapso das granxas galegas. Opoñémonos a respostas curtopracistas que afondan inda máis no modelo capitalista que nos levou á grave situación actual.
As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver saír á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) ten convocado dúas manifestacións: unha no sur, en Cangas do Morrazo, e outra no norte, en Ribadeo.
A principios do mes de marzo por iniciativa da Asociación Ambiental Petón do Lobo e colectivos da Rede Galega Stop Eólicos iniciouse esta petición de ditame dirixida ao Consello da Cultura Galega
O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas estará este domingo 19 de decembro apoiando a manifestación convocada polas traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares (SAF) ás 12h. con saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrou hoxe o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro". A gandeira de Lourenzá (Lugo), Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral dende o ano 2012, foi reelixida no seu cargo para o novo período.
O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.
O Sindicato Labrego Galego, integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) participará na manifestación convocada para este sábado 13 de novembro ás 12h en Santiago de Compostela, mobilización que será levada adiante simultaneamente en numerosas capitais de todo o Estado.
Dúas representantes da Rede Galega Stop Eólicos (RGSE), Margarida Prieto Ledo (SLG) e Bruno Centelles (SOS Groba e Instituto de Estudos Miñoráns ), denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela a situación de emerxencia social na que se atopa o noso país diante da invasión eólica da que está a ser obxecto o medio rural galego.
Margarida Prieto Ledo, vogal do Consello Galego de Benestar Social (CGBS) en representación do Sindicato Labrego Galego, denunciou no pleno celebrado na mañá de hoxe a falta de transparencia deste órgano, que rexeitou xa en dúas ocasións atender solicitudes directas de información sobre cuestións como a Lei de Dependencia, o modelo de residencias ou a adxudicación de fondos europeos Next Generation. Logo de que a vogal do SLG reiterara estas solicitudes de información, o CGBS comprometeuse a tratar estes temas no pleno que terá lugar o vindeiro mes de novembro.
O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 17 de outubro en Viveiro convocada polas entrais sindicais de clase na que se vai demandar unha resposta das administracións públicas para frear revertir a dinámica de retroceso económico e laboral que se vive na Mariña.
Solicitamos á Consellaría de Infraestructuras e Mobilidade e á Xefatura Provincial de Lugo a atención inmediata á solicitude das familias das dúas únicas crianzas que collen o bus escolar no barrio de A Casanova – Noche (Terra Chá), que arestora teñen que facelo lonxe das súas casas nun cruce perigoso, malia a que o percorrido do bus pasa por diante das súas casas.
O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións constituíntes da nova Plataforma Galega polos Servizos Públicos de Dependencia (PGSPD) que, de cara a canalizar a demanda social que existe para este sector fundamental nos coidados de persoas maiores e dependentes, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo, 27 de xuño, en Compostela. De seguido, compartimos o manifesto de constitución da PGSPD.
Vimos de recibir o número 334 do Fouce, no que continuamos informando do proceso do X Congreso do SLG, con reportaxes sobre a Asemblea Xeral do Viño e do Congreso de Vacún de Carne. Ademais, publicamos toda a documentación sobre o Congreso do Leite, que se celebrará o vindeiro 11 de xuño no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra). Completamos con informacións sobre a avalancha eólica, a moratoria dos eucaliptos, as últimas xornadas de granxas abertas ou as denuncias sobre o machismo da PAC. E falando de Política Agraria Común, no Editorial adiantamos as últimas novidades que coñecemos na xuntanza co conselleiro de Medio Rural, o 21 de maio, que indican que o Ministerio de Agricultura está trampeando para volver argallar unha PAC do máis lesiva e discriminatoria para Galiza. Se xa queres ler o teu exemplar, descárgao na icona que atoparás no remate desta páxina.
O Sindicato Labrego Galego participou nunha delegación internacional de La Vía Campesina (LVC) que se desprazou durante a primeira semana de abril a Huelva (Andalucía) e Odemira (Alentejo-Portugal) para coñecer, sobre o terreo, as condicións das persoas traballadoras, na súa maioría inmigrantes, da produción de amorodo e outros froitos vermellos nesas rexións.
Dende que o Sindicato Labrego Galego rexistrou senllos escritos remitidos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, e á conselleira de Política Social, Fabiola García, solicitándolle a elaboración dun plan de dotación de centros de día para Vilalba, o apoio de diversos partidos políticos municipais non deixou de sucederse. Dende o SLG, tivemos constancia, do seu acordo coa proposta, do Partido Popular e de Vilalba Aberta, ademais do expresado pola conselleira de Política Social, Fabiola García.
O pasado mes de marzo, dende o SLG eloxiabamos as primeiras resolucións do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galiza (TEAR-G) que estimou as reclamacións interpostas contra as liquidacións de IRPF que fixera a Axencia Tributaria polas transmisións de dereitos de pago único entre cónxuxes casados en réxime de gananciais, que dende o SLG considerabamos inxustas
O Sindicato Labrego Galego quere denunciar unha nova agresión do Goberno do Estado contra os colectivos máis vulnerábeis, neste caso, contra as persoas que cobran o Ingreso Mínimo Vital (IMV), a quen lles están obrigando a presentar a Declaración da Renda, tanto aos homes e mulleres que perciben este subsidio como a todas as persoas que conviven1 con eles e elas, incluídas as menores de idade.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar senllos escritos remitidos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, e á conselleira de Política Social, Fabiola García, solicitándolle a elaboración dun plan de dotación de centros de día para Vilalba. O plan incluiría, ademais, servizos de coidados para persoas maiores en todas aquelas parroquias cuxos indicadores de poboación maior de 65 anos ou dependentes así o recomendasen. Para iso, nas instancias presentadas tamén se reclama que se dote o plan co financiamento necesario a través dos Fondos de Recuperación Next Generation acolléndose ás medidas contempladas no apartado “Cadea de valor 5: Sanidade e modos de vida saudable, nova economía dos cuidados”.
O 30 de abril, o Sindicato Labrego Galego celebrou a súa VIII Xornada de Granxas Abertas na Terra Chá. Desta vez, o programa estivo centrado na nova normativa hixiénico sanitaria que posibilita algunhas producións alimentarias artesanais. Para iso, visitamos a granxa de avicultura artesanal Aves do Concello, en Vilalba; a queixería Don Gabino, en San Simón da Costa; e o obrador Sensucre, en Cabreiros (Xermade).
A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos -da que forma parte o SLG-, xunto co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebraron unha concentración diante de Reganosa, a industria do gas fósil de Galiza, o sábado 24 de abril, para denunciar a falta de transparencia, a ausencia de participación pública e para esixir un reparto xusto e sustentábel dos fondos europeos Next Generation que chegarán ao país. A concentración comezou na Avenida da Pedreira para despois camiñar até o final da rúa do Penedo, fronte á industria.
Margarida Prieto Ledo, en calidade de vogal do Consello Galego de Benestar en representación do Sindicato Labrego Galego, vén de solicitar ampla información neste órgano consultivo da Xunta para aclarar se a residencia de maiores de Vilalba, xestionada pola Fundación Hospital Asilo de Vilalba (FHAV), recortou o seu persoal sanitario nos últimos meses.
No Sindicato Labrego Galego estamos a recibir queixas de familias afiliadas diante do claro uso interesado que a Consellaría de Política Social está a facer dun servizo público como a tarxeta de familia numerosa para lucro de dúas empresas privadas: Abanca e Gadisa.
Co número 333 do Fouce, correspondente ao bimestre de marzo e abril de 2021, abrimos o camiño que nos levará ao décimo Congreso do Sindicato Labrego Galego. Nesta ocasión, damos un repaso á situación actual dos sectores da carne de vacún e vitivinícola a través das voces dos seus protagonistas, labregos e labregas de toda Galiza, xa que son estas producións as que centrarán o Congreso de Vacún de Carne, o 17 de abril, e a Asemblea Xeral do Viño, o 24 de abril, cos que inauguramos o devandito proceso congresual. Podedes descargar o voso exempla na icona que atoparedes no remate desta páxina.